Xeral
necesito planos de la dorna donde aparezca detallado el mastil de la vela
Anónimo | 22/10/2011restaure una dorna y ya sali con ella al mar a remo pero ahora quiero meterle la vela y necesito los planos y la lista de materiales que necesito para montarla agradeceria que se me mandaran a la direccion david_mq@hotmail.com o en su defecto algun enlace a alguna pagina donde aparezcan.
muchas gracias.
Axudas para reparación de barcos?
Anónimo | 09/09/2011Hola.
Sábese algo das axudas que a Xunta ía dar para a reparación de embarcacións tradicionais? Coído que algo disto oíra.
Logo de descartala construcción daquela custosa goleta que se ía facer acordaran gastala pasta máis equitativamente en maior número de astaleiros para reparar máis embarcacións.
Non sei se foi certo ou o soñei. Alguén me saca da dúbida?
Graciñas.
Véndese embarcación de madeira
Anónimo | 03/06/2011Vendese O CANOURO, embarcación de madeira típica da ria de Ferrol.
CARACTERÍSTICAS: 5,98m de eslora por 2,10 de manga, aparellada con velas cangrexa e foque.
para mais información, entra neste enderezo.
http://canouro.blogspot.com/
Asambleas
Anónimo | 13/12/2010Bueno, a verdade e que non sei por onde escomezar para chegar onde quero ir, pero, "avanti". Hai pouco tempo (ou moito según se mire), ala polo ano 1999, tiven a ocasión de asistir a 1ª asamblea da FGCM (non tiñamos a F), foi penso en Rianxo, co gallo do Encontro de EE TT de Galicia, que ali se celebraba. Asi escomezamos a coñecernos determinados individuos (de todalas calañas), ali tamén penso eu, se escomezaba a escribir a actual historia da FGCM (F), debo recoñecer que asistín da man do presidente do CM Salnés por aquel tempo Joaquín E. Lopez, despois (da FGCMF) mais coñecido por Xaquín, e con u tal Uxio individuo da Arousa con moita vontariedade, certamente pouco recoñecido.
No ano 1990 miraba as regatas de dornas, no 91, quitaballes fotos na praia (tendes que ver algunhas caras).
Si, así escomezou o vicio de asistir as Asambleas da FGCM. si volto a vista atrás a verdade e que ainda que falaramos casi nos mesmo sitios (e termos) ou semellantes, o remate era diferente, non menosprezo con esto o actual, pero si era diferente, ghoriosas xornadas onde se facía cultura maritima e fluvial, transcurrían despois da propia asamblea, por loureiros e furanchos "arestaurantados", onde voces guitarras e cunchas poñian o punto e seguido (despois viñeron as pandeiretas e as gaitas). Ali estaban personaxes e persoeiros, como o Trepa (despois presidente), Dionisio, o Isidro, os de Bueu, Paco e Cao de Poio, Ana, Garrido... polo Grove, Joao e familia, Puertodeltrinque, os da Real e Ilustre, despois estes explicarianme por que son reais (cousa certamente apreciable) e porque son ilustres (non menos apreciable). E os irreductibles. Así pasaron os anos e as Asambleas, normalmente 4 o ano (primaveira,verán, outono e inverno, eranmos moi estacionais), era importante o CONTACTO EMOCIONAL (non me esquezo das xornadas na de Carducho, pero eso era para os mais iniciados, (de aqueles tempos), precisamente de ese contacto emocional, penso eu a FGCM (F) nutreuse para ser o que é hoxe (con outra xente nova, non menos preciada).
Digo si, que así pasaron os anos e as asmbleas, e as xuntas directivas e os acontecementos. E os irreductibles, sempre ali, home/muller, poidera ser que alghunha vez mudaran as caras pero non a esencia, nin a procedencia. Hai que decir que as veces tocaban un pouco os .... horarios, porque é tanta a confianza que ... . A eles debense pasaxes dos nosos estatutos e como non, "ghlorias" da nosa recente "hostioria". Creo que non oubo ninghún colectivo que en aqueles tempos estaba alí que non tivera membro na directiva ou en calquera "comisión". Tamén un dos nosos ghlorios preidentes chegou a decir, "si queres que algo non funcione pon unha comsión", eu non estou de acordo. Como decía: SEMPRE OS IRREDUCTIBLES.
Pois bueno o sabado pasado , 11 de decembro de 2010, as xx,xx horas, chamoume un "irreductible" para saber "que pasara na Asamblea?". Debo decir que eu asisto, na calidade da miña ex-presidencia e porque e o día de ver e saudar os amigos e de eses o sabado algúns faiaron, digo fairaon, porque non estiveron. EN ONCE ANOS DE ASAMBLEAS as que eu debín asistir a casi todas (4 por ano)a do sabado pasado, FOI A PRIMEIRA VEZ (en todo ese tempo) QUE OS IRREDUCTIBLES ARTABROS NON ASISTIRON!!!!!. E foi un Artabro (irreductible e algareiro (e de boa fé) onde os aixa) o que me chamou para saber que pasara na Asamblea?. Que pasou?, que vos votamos en falta (penso que alghuns), espeteille. O irreductible Artabro asinteu e asumeu a TRASCENDENCIA do acontecido, por vez primeira o CLUB DE MAR DE FERROL non tiña presenza nunha samblea da FGCM e da FGCMF, quedou valeira a súa cadeira. E repito ningún mebro do Club de Mar do Ferrol, asisteu a asamblea do sabado pasado !!! en mais de 15 anos de historia, en IX edicións de ENCONTRO, non Encontros, como alguén se lle escapa. Que saibades ARTABROS, que estivechedes, si non de presencia!!! si no pensamento de algunhs que ali, que tivemos a dita de estar.
Fernando Piñeiro Oubiña
Expresidente da FGCMF
Recoñecedor confeso de toda a importante presencia do Club de Mar de Ferrol na FGCM e FGCMF e na súa historia. :) unha aperta.
Novas de Colectivos
Anónimo | 15/11/2010Pareceme moi acertado o de poñer as novas dos blogues do colectivos.
cursos carpinteiría de ribeira
Anónimo | 18/10/2010Boas, gustaríame saber, se alguén sabe de onde se podería facer un curso de carpinteiría de ribeira como o que van organizan os pataxeiros de Sada pero a poder ser polas rías baixas, porque vivo en Vigo.
Estaría moi ben o da escola mar de Vigo pero tes que ter menos de 25 anos e estar en paro, un tanto absurdo, non?
Graciñas de antemán.
gracias
Anónimo | 15/08/2010Gracias por el cálido recibimiento que recibí de todos vosotros. Gracias por el paseo en barco... todo un placer. Felicidades por la labor que estais realizando.¡Ánimo y buen viento! seguiremos vuestras pasos a través de la Web. Reitero mi apoyo desinteresado en lo que pueda colaborar.
Saludos.
Josemaría (el "granaino")
puntas vellas en dorna
Anónimo | 27/05/2010Hola a todos.
A miña consulta é porque teño unha dorna que ten máis de 25 anos e nunca lle fixen un repunteo, moitas me están rompendo e incluso cando lle dín a patente este ano na cabeza das antigas puntas saíulle unha especie de fungo, quisera saber se alguén me pode dicir como se fai, se hai que quitar as antigas puntas e cómo. Tamén, onde se poden mercar unhas con garantías porque xa comprara unhas galvanizadas en ferretería e oxidáronseme aos dous anos.
A ver se alguén me pode axudar antes de que un pantocazo desmonte o tingladillo...
Graciñas e saúdos de Javi.
Goleta Raquel C busca Patron de Cabotaje
Anónimo | 15/04/2010Necesitamos Patron de Cabotaje para la goleta Raquel C. Interesados llamar al telefono de la Escuela de Vela Grove: 664 77 09 02
Carpinteiria de Ribeira en Lorbé Oleiros A Coruña
Anónimo | 16/04/2009Ola boas.
son o sobriño do q ten o baradoiro E A carpinteiria de Ribeira en Lorbé un pobo da provincia da Crouña pertencente a Oleiros q supño q moitos de vos coñeceredes.
achégome a vos por medio dun amigo q nos falou de vos e queria simplemente dar a coñecer as actividades q neste taller se veñen a realizar, e por se a algun lle fai falla facer algun tipo de traballo arranxar embarcación facelas novas, barar.. dispoñemos de tres carros con maquinilla de barada un carro principal de 7 eixos de ata 90 toneladas máis ou menos e dous algo máis pequenos de 25 e 35 toneladas respectivamnete máis ou menos son datos aproximados. Ler máis»











Comentarios recentes
hai 22 horas 2 min
hai 3 días 3 horas
hai 3 días 5 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 14 horas
hai semanas 18 horas
hai semanas 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 4 días