Reseñas

Labrando carballos á beira do mar. A carpintaría de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Rexime. Libro

Da autoría do profesor Jose Manuel Vázquez Lijó a Consellería do Mar publicou hai uns meses o libro Labrando Carballos á beira do mar. A carpintería de ribeira na provincia marítima da Coruña a finais do Antigo Rexime.
Este traballo ven abrir un camiño prácticamente inexplorado na historia da construción naval galega anterior ao século XX. Baseado nun profundo e amplo traballo de arquivo estudia a construción naval entre o Eume o e Tambre desde finais do século XVIII ata mediados do XIX.
O estudio mostra como practicamente a totalidade da flota de pesca e grande parte da pequena cabotaxe foi contruida localmente, mentras os barcos de máis de 100 toneladas foron comprados no exterior na súa maioría, ainda que algúns foron construidos en estaleiros privados de Ferrol ou Muros.
Case non había instalacións fixas, senón que se contruía en praias e esteiros, e os carpinteiros en moitos casos tiñan un segundo oficio como medio de vida cando non tiñan encargos de construción.
As tipoloxías dos barcos mercantes e de cabotaxe eran de tipo "internacional": bergantíns, fragatas, corvetas, pailebotes, quechemaríns, etc. mentras que na pesca a lancha era o tipo predominante (70%) seguida por botes e outros barcos de pequeno tamaño.
O libro ten un amplo apéndice documental e anexos con varias listaxes, por exemplo das embarcacións matriculadas na provincia marítima de Coruña en 1845, do estado de estaleiros particulares de Galicia en 1859, ou contratos de obra de carpinteiros dos distritos de Corcubión, Sada e Malpica no periodo estudiado.
Este libro ademáis de abrir un camiño novo, será unha fonte continua e rica de información sobre persoas e barcos da zona estudiada, e un libro cheo de información puntual de grande interese, como por exemplo a existencia de algúns contratos de pequenos barcos de lecer.
Parabéns ao autor polo libro e esperamos que poida continuar o traballo de estudio do resto da costa galega e que algún día vexamos publicado outro libro do nivel deste.

Arqueloxía, mar e rios no 2008

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de publicar a obra Actuacións arqueolóxicas 2008 que recolle pequenos artigos sobre os traballos feitos en Galicia nese ano.
Inclue alguns traballos relacionados co mar e os rios, como prospeccións subacuaticas en Corcubión, Bueu ou Marín, excavacións na ermida de San Guillerme en Fisterra, prospeccións na praia de Rodas, nas Cies, ou nos rios Ulla e Verdugo.
A foto de arriba corresponde a un fragmento de cerámica achado nun pecio na ría de Corcubión.

Leyenda del Galatea y una colisión en el mar sin nombre. Libro

Acaba de sair o libro de Alberto Vera Meizoso, Leyenda del Galatea y una colisión en el mar sin nombre. O autor que foi aprendiz no Galatea dous anos e embarcou duas veces no J.S. Elcano, fai un repaso a súa experiencia a bordo de ambos barcos.
Un dos episodios narrados é a colisión do Elcano co Libertad en 1976 e que o autor vivíu desde o alto da mesana onde era gabieiro.
O libro ten 173 páxinas e 40 fotografías, ISBN 978-84-938126-1-4. Quen teña interese en adquirilo pode facelo a través de Central Librera no Ferrol.

Argazo e arqueoloxía subacuatica no novo volume da Revista de Estudos Miñoranos

Acaba de sair o novo volume da Revista de Estudos Miñoranos, correspondente aos números 7/8/9 e que entre outros inclue dous interesantes artigos: Intervención arqueolóxica subacuática, ampliación do peirao de porto de Baiona, Pontevedra de Miguel San Claudio Santa Cruz e Raúl González Gallero, e Notas etnohistóricas sobre o aproveitamento do argazo na costa suroeste de Pontevedra (de Silleiro ao Miño) de Roberto Rodríguez Álvarez.

Construcción naval. Terminoloxía


Dentro da súa serie Profesionaliza a túa lingua o Servizo de Normalización Lingüistica da Universidade da Coruña publicou hai xa algún tempo a obra Construcción naval. Recolle termos en español acompañados da sua tradución ao galego e a súa definición.

Novo número do Cabeso, e xa son 8

O Amigos da Dorna de Portonovo acaban de sacar o número 8 de O Cabeso, o seu voceiro, que pode ser baixado en pdf na súa páxina.
Neste número pasan revista ás súas actividades no 2009: participación no Enterro da Sardiña e na Festa da Raia, organización da II Regata do Sepelo, participación en concentracións de embarcacións tradicionais e no IX Encontro, e participación nas regatas de dornas.
Tamén informan das negociacións con Portos de Galicia para lograr a cesión do Local da Bomba en Portonovo para sede da Asociación. Estas negociacións parecen ir por bo camiño e é posible que pronto den froito.

La Ría de Vigo y su puerto. Libro de fotografía


O pasado día 14 presentouse a bordo do Hidria II en Vigo o libro La ría de Vigo y su puerto, do fotógrafo Ricardo Grobas, con textos de Edurne Baines.
Este libro editado pola Autoridade Portuaria de Vigo recolle nas súas 241 páxinas un conxunto de fotografías que nos dan unha visión moi completa da relación de Vigo co mar, da construción naval á presencia dos grandes cruceiros, da carpintería de ribeira aos surfeiros, da lonxa aos faros, case calquer aspecto do mar está presente nesta obra.
A calidade das fotografias é sinxelamente espectacular, como poderedes ver na versión en liña do libro. Agradecemos moito ao autor que comparta con todos estas fotografías a través da Rede.
A foto de arriba, tirada do libro é o regreso a porto das mariscadoras de Arcade logo dunha xornada de traballo.
Máis información no Faro de Vigo
(Via Una mirada a la ría de Vigo)

A Conquista dos Rios. Xogo


Os amigos de Barcas do Minho produciron o xogo de ordenador A conquista dos rios que axuda a poñer en valor o patrimonio tanto natural como cultural dos rios. Deste xogo existe versión en liña e en CD.

Garrido. Cinco xeracións de carpinteiros de Ribeira


No número 5 da revista Galegos publícase unha entrevista con Pepe Garrido. A familia Garrido construe barcos no Grove desde hai 150 anos, cinco xeracións, e do seu taller teñen saido barcos tan coñecidos como a dorna Meca, a Irmandiña, a Sara, e moitos outros.
Acompaña a esta entrevista un artigo de Manuel Lara, presidente de Buxa, sobre a carpintería de ribeira galega.

La vida bajo la quilla. Libro

O pasado 31 de outubro presentouse no CN San Vicente o libro La vida bajo la quilla. Fauna y flora marina de las Islas Atlánticas con fotos de Rafael Sanmartín Lois e texto de José Luis Escalante González, editado por Todogrove Edicións.
O libro consta de 350 fotografías submarinas de fauna e flora documentadas con profusión, con datos científicos de cada especie. Está xa á venda nas librarías de toda Galicia.

Distribuir contido