Ardentía
Ardentía nº 5
Proa a Muros!
A Atalaia. Luís Rei.Páx. 3
Proa a Muros! Manuel García Sendón. Páx. 5
Muros e o territorio. IX Encontro de embarcacións tradicionais. Francisco X. Fernández Naval. Páx. 9
A motora dos Canedos, a alma dun barco sempre vive. Moncho Bouzas. Páx. 14
Monte Louro, o monte dos milagres. José Luís Iglesias García, Manuel Chazo Cores. Páx. 17
Barcos de Muros (ca. s. XIX). Páx. 20
Ferrol, mar de amigos. Lois Rodríguez. Páx. 22
A arribada da FGCMF a Brest 08. Francisco Fernández Rei. Páx. 28
Raxó 1951. Retrato en cor dun tempo en branco e preto. Fotografías de Faustino Gómez Paz, Texto de Xaquín Agulla Gómez. Páx. 36
Os pailebotes no comercio marítimo de cabotaxe na Galicia de hai cen anos. Dionísio Pereira. Páx. 41
O xeito quere xeito. Memoria de José Manuel Parada Mascato. Manolo Parada e Eduardo Parada. Páx. 52
Artes tradicionais da pesca fluvial. Lois Ladra. Páx. 62
De redes, caneiros e outras historias. Orlando Viveiro. Páx. 68
O derradeiro arpoeiro galego. Manuel P. Rúa. Páx. 71
Letras na Almadraba. Antón Losada Diéguez. Páx. 76
Sobre o leste duro e outros ventos mareiros. (Bolinando no mar de Cabanillas). Luís Rei. Páx. 78
Pintores do mar: Abelardo Miguel. María Fidalgo Casares. Páx. 84
Sino de proa: Travesía pola Costa da Morte, entre a raxor e a augatinta. Francisco Fernández Rei. Páx. 90
Sino de proa: Monte Louro, de Luís Rei Núñez. Emilio X. Ínsua. Páx. 91
Sino de proa: Lecturas para navegantes. Sole Rei. Páx. 92
Presentación de Ardentía no Grove
O mestre | 19/04/2007A Asociación de Amigos da Dorna Meca ten o pracer de convidarvos á presentación do número 4 da Revista Ardentía, "O mar tamén ten mulleres", que terá lugar o próximo día 21 de Abril na Galería Lembranza-Sargadelos, no número 53 da Rúa Castelao, ás 20:00 horas.
No acto, amenizado por Manuel Parada Mascato, intervirán:
Lino Prieto, presidente da Asociacion e presentador.
Luís Rei, director da revista.
Eduardo Parada, membro da Asociación e colaborador da revista.
Ardentía nos medios
O mestre | 11/04/2007No xornal Galicia Hoxe aparece unha reseña do número 4 de Ardentía.
Tamén aproveitamos para difundir, gracias a amabilidade de Francisco Fernández Rei, autor, e da equipa de A trabe de Ouro, un texto da presentación en Ferrol do número 3 abordo do Hidria, que previamente fora publicada no número 67 da Trabe.
E xa de paso lembrar que está disponible un pdf co número 3 completo de Ardentía (22 MB)
Presentación de Ardentía en Vigo
O mestre | 26/03/2007O vindeiro día 29 de marzo vaise presentar o número 4 de Ardentía, "O mar tamén ten mulleres", no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Será ás 20:00 horas no salón de actos do Museo e contará coa presencia de Pablo Carrera, director do Museo, Luís Rei, director da revista, Lola Varela, investigadora e membro do consello de redacción da revista, Fernando Piñeiro, presidente da FGCMF, e Carme Adán, Secretaria Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia.
Ademáis de presentar o novo número de Ardentía tamén se vai falar da presencia da muller no mundo do mar, do próximo VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Ferrol, e da presencia de Galicia como invitada de honra en Brest en 2008.
Máis información na nota de prensa
A nova Ardentía
O mestre | 18/03/2007
Xa está na rúa o número 4 de Ardentía, que se pode adquirir nos numerosos actos de presentación que se van facer en moitas zonas de Galicia, ou nos puntos de venta habituais.
Este número está adicado ás mulleres do mar e dos rios, con artigos sobre o estado actual do traballo feminino no mar e sobre a actividade da muller en moitos e diferentes traballos ao longo da historia no mar de Galicia e Portugal. Trae historias tan interesantes como as das mulleres de Salvora condecoradas no salvamento do Santa Isabel, a das mulleres que traballaban nas "minas" de barro, as subhastadoras de peixe, as argaceiras, etc.
Ademáis das seccións habituais "Sino de proa" e "Letras na almadraba", cun relato de Darío X. Cabana, tamén ten dous traballos sobre o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia e a presencia de Galicia como invitada en Brest2008.
Podedes ler a presentación do director e un soneto de María Victoria Moreno adicado a unha percebeira de Ons.
Coincidindo coa saida do número 4 xa están disponibles os pdfs do número 3.
Ardentia nº 4
O mar tamén ten mulleres
VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia...
A Sara, precebeira na Illa de Ons. Maria Victoria Moreno.
A Atalaia. Luís Rei. Páx. 3
VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Ferrol, 5, 6, 7 e 8 de xullo de 2007. Arturo Loureiro / Bernardo Máiz / Club do Mar de Ferrol (Embarcacións Tradicionais).Páx. 4
Brest 2008. Fernando Piñeiro. Páx. 9
Realidade e perspectivas do traballo feminino no mundo do mar. Y. Zotes Tarrío / M. L. Chas Amil / C.S. Villasante. Páx. 10
Coa fortaleza dos cantís. Aquelas mulleres do mar de Ferrolterra e Ortegal. Esperanza Piñeiro de San Miguel / Andrés Gómez Blanco. Páx. 16
Unha vida entre peixe e salitre do mar da Arousa. Francisco Fernández Rei. Páx. 22
As barreiras teñen nome de muller. Dionísio Pereira. Páx. 30
As Xulianas de Bueu. Unha saga de subhastadoras de peixe. Lola Varela. Páx. 36
Sálvora: Illa das mulleres salvadoras. Luis Teira Paleón. Páx. 39
Mulheres do mar português. Ivone Baptista de Magalhães/ João Paulo Baptista. Páx. 43
Entre os penedos do Narla. Orlando Viveiro Veiga. Páx. 51
Bañistas labregas no mar galego de onte. Emilio Xosé Ínsua. Páx. 53
O rasto: A América dos que quedamos.(Memoria de Manuel Parada Mascato). Eduardo Parada. Amigos da Dorna Meca. Páx. 61
Un testemuño sobre as mulleres armadoras no mar galego. X.L.T. Páx. 68
A imaxe da muller nas cantigas do mar. Carme Hermida Gulías. Páx. 70
Letras na almadraba. "A mariñeira de Quilmas". Darío Xohán Cabana. Páx. 80
Sino de proa: Jacobo Barros e a épica da pesca de altura. Francisco Fernández Rei. Pax. 87
Sino de proa: Submarinos, naufraxios e instinto de supervivencia. EXIL. Páx. 88
Sino de proa: Versos con sabor a salitre. EXIL. Páx. 90
Pintoras do Mar: Balbina López Santos. Páx. 93
Ardentía 4. Presentación en Ferrol
O mestre | 09/03/2007
Xa está na rúa o número 4 de Ardentía. Será presentado o día 9 de marzo na Galería Sargadelos de Ferrol, ás 20:00 horas.
No acto estarán Luís Rei, director da revista, Bernardo Máiz, do Clube de Mar de Ferrol e un dos organizadores do VIII Encontro, Esperanza Piñeiro, investigadora, e Rosa Liaño, a Delegada Territorial da Consellería de Pesca.
A presentación en Vigo da revista será o día 29 de marzo, no Museo do Mar de Galicia, e contará coa presencia de Pablo Carrera, director do Museo, Lola Varela, investigadora e membro do Consello de Redacción da revista, Luis Rei, director da revista, e Carmen Adán, Secretaria Xeral da Igualdade.











Comentarios recentes
hai 22 horas 18 min
hai 3 días 3 horas
hai 3 días 5 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 14 horas
hai semanas 18 horas
hai semanas 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 4 días