Lexislación estatal
Sobre o novo decreto de matriculación
O mestre | 21/11/2010Postos en contacto coa Dirección General de la Marina Mercante comuníncannos que a pesar da redacción ambigua do decreto as embarcacións tradicionais siguen precisando matriculación.
Tamén nos informan de que están a traballar nunha futura norma específica para as embarcacións tradicionais. A FGCMF espera poder colaborar coa DGMM na elaboración desta nova norma, e parece que por parte da DGMM a predisposición é boa.
Por outro lado as xornadas sobre este tema previstas para finais deste mes quedan aprazadas para primeiros do ano vindeiro, debido áo pouco tempo dispoñible para organizalas en condicións.
Abandeiramento e matriculación: novo decreto
O mestre | 08/11/2010O pasado sábado publicouse no BOE o Real Decreto 1435/2010, de 5 de noviembre, por el que se regula el abanderamiento y matriculación de las embarcaciones de recreo en las listas sexta y séptima del registro de matrícula de buques.
Este novo decreto simplifica moito o proceso de matriculación, e cambia moitos requisitos para rexistrar unha embarcación.
No que respecta ás embarcacións tradicionais di no art. 3.2:
No estarán obligadas a su registro, o se regularán por su normativa específica, las embarcaciones históricas y tradicionales, así como las embarcaciones de regatas que estén destinadas exclusivamente a la competición y los artefactos flotantes o de playa.
Hai que agardar por tanto a que a DGMM clarifique o significado concreto deste artigo. Está previsto que a finais deste mes se organicen unhas xornadas sobre embarcacións patrimoniais onde se espera que participen representantes da DGMM, polo que poden ser unha boa oportunidade para ter información de primeira man sobre este tema.
Para apoiar a enmenda á «Ley General de Navegación Marítima».
O mestre | 25/03/2010Se queres apoiar a enmenda á «Ley General de Navegación Marítima» estes documentos de abaixo poden ser de utilidade.
- O texto da enmenda
- Un modelo de moción de apoio para Concellos e institucións similares.
- Un modelo de documento de apoio para asociacións e similares.
- Un modelo de documento de apoio a título individual
O pleno da Illa aproba unha moción de apoio á enmenda á «Ley General de Navegación Marítima». Aumentan os apoios.
O mestre | 08/03/2010O pleno do Concello da Illa de Arousa aprobou a moción presentada polo grupo de goberno a proposta da ACD Dorna para apoiar a enmenda á «Ley General de Navegación Marítima».
Prevendo que se aprobe a enmenda no Congreso xa se empezou a traballar no futuro regulamento deste tipo de embarcacións.
Acaban de crearse dous grupos de traballo, un en Cataluña e outro en Galicia para estudiar e propoñer un borrador de regulamento. A estos dous grupos é probable que se sumen grupos doutras zonas.
Aumentan os apoios, que neste momento son:
ADHESIONS a 8 de Marzo de 2010 Ler máis»
Nova regulación da 7ª lista de embarcacións
O mestre | 10/06/2007O pasado día 19 de maio publicouse no BOE o REAL DECRETO 544/2007, de 27 de abril, por el que se regula el abanderamiento y matriculación de las embarcaciones de recreo en la Lista séptima del Registro de matrícula de buques.
Pódese conseguir máis información na web da Dirección Xeral da Mariña Mercante ou dirixíndose directamente á Capitanía máis próxima.











Comentarios recentes
hai 22 horas 14 min
hai 3 días 3 horas
hai 3 días 5 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 14 horas
hai semanas 18 horas
hai semanas 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 4 días