Xornadas, congresos, etc

Xestión do litoral no CEIDA

No Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia CEIDA de Oleiros, van ter lugar hoxe e mañán unhas xornadas de reflexión e debate sobre a Xestión do litoral.
No blog de Juan Freire, ponente nestas xornadas, pódese acceder ao programa e ver as transparencias da súa presentación.

Portas abertas no Estaleiro de Purro en Bueu

A Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos realizará unhas xornadas de portas abertas no asteleiro de Purro na Banda do Río, en Bueu, os días 13 e 14 de Xaneiro, en horario de 11´00 a 13´00 da mañán, e 15´00 a 20´00 da tarde.

O sábado día 13 iniciase o 4º concurso “Cousas da praia” para nenos e adultos. No estaleiro entregaránse os botes para a recollida de materiais diversos da praia, os botes entregados quedarán alí expostos Esta recollida finalizará o día 27 de Xaneiro. A entrega de agasallos será o sábado 3 de febreiro.

Nas xornadas de portas abertas a asociación Os Galos quere invitar á vecindade da Banda do Río para que coñezan o interior do estaleiro, as ferramentas e maquinaria que aínda se conserva. Tamén se pode ver diverso material alí exposto, entre os que destacamos algunha embarcación como unha dorna “Robaleira” especial polo seu acabado que lle da un aspecto de moble barnizado; un choupan ou gamela de dúas proas, “Faino ti” recentemente recuperado; unha gamela “Chula” con adaptación para un foraborda, aparellada tamén para vela e remos; unha curiosa colección de moedas antiguas, os restos de pezas de cerámica recollidas na praia de Pescadoira, e varias áncoras líticas.

Os Galos aclaran que non desexan con estas xornadas ningún enfrontamento veciñal polo que rogan aos vecinos lles den a oportunidade de dar a coñecer ese valor patrimonial que dita instalación posúe, aínda que no fondo queiran derrubalo; e se achegen a visitalo unha vez máis.

Xa é sabido por todos a intención de esta asociación de converter este lugar nun museo vivo de carpintería de ribeira. E a pesar do que poida parecer, somos os primeiros en desexar que dito espacio poida chegar a ser seguro, saluble e libre de contamiñación acústica indeseada, e por suposto, un lugar para o disfrute público.

Ultimamente non facemos máis que preguntarnos o porqué de querer derrubar algo que, si ben non ten valor arquitectónico, está cheo de valor cultural e representa un claro símbolo de identificación de calquer vila mariñeira, pero máis difícil resulta comprender como un paso así se pode facer con tanta presa, sin antes consensualo, debatilo, estudialo.

ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS OS GALOS DE BUEU.

Ponencias das Xornada técnica Carpinteria de ribeira: estratexias innovadoras

Xa están accesibles no web de Carpinteriaderibeira.org as ponencias da xornada técnica que tivo lugar o 8 de decembro no CETMAR de Vigo sobre estratexias innovadoras no sector, con participación de expertos galegos, portugueses, franceses e noruegos.
Todas elas son interesantes, sobre todo as que inciden no futuro do sector galego como as de Lino Lema e Xerardo Triñanes.

Carpinteria de ribeira: Estratexias innovadoras. Xornada técnica

2 Dec 2006 09:45
2 Dec 2006 18:00

no Cetmar de Vigo
Máis información

Carpinteria de ribeira: Estratexias innovadoras. Xornada técnica

O sábado 2 de decembro de 2006 vai ter lugar no CETMAR en Vigo, a Xornada técnica Carpintería de ribeira: Estratexias innovadoras.
Farase unha posta en común por destacados especialistas da situación actual e previsión de futuro da carpintería de ribeira en varios paises europeos, e das novas técnicas aplicables a esta actividade.
Mais información no tríptico da xornada. Abaixo podedes ver o programa... Ler máis»

A Expedición Balmís. 203 anos despois

Hai 203 anos un barco partía da Coruña rumbo a América. A bordo da corbeta Maria Pita ían 22 nenos do hospicio da Coruña acompañados da súa rectora Isabel Lopez.
Conformaban a Real Expedición Filantrópica da Vacina, financiada polo rei Carlos IV, a frente da cal estaba o médico Francisco Javier Balmís. O obxectivo da expedición era levar a vacina da variola a América, cousa dificil dado que a vacina non era efectiva moitos días e a travesía era longa. Para solucionar esto Balmís pensou en ir inoculando aos rapaces de dous en dous a partir de vacina extraida dos dous anteriores.
Os Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia da Coruña organizan o día 30 de novembro, dia do aniversario, unha xornada sobre esta expedición no salón de actos da Escola de Náutica da Coruña ás 20:00 h. Ler máis»

Memoria do Atlántico. Unha rede para o futuro

Xuntanza memorias atlantico 2006
 

O pasado 28 de outubro tivo lugar en Douarnenez (Bretaña) unha xuntanza para artellar unha rede atlántica (europea e americana) a prol da recuperación do patrimonio marítimo.
Asistíu xente de Portugal, Galicia, Euskadi, Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos. Estiveron presentes João Baptista (de Barcos do Norte) e Dionisio Pereira como experto no patrimonio marítimo galego.
Esta rede Memoria do Atlántico é moi importante para o futuro, porque permitirá a coordinación dos esforzos dos participantes, daralle máis forza diante das Administracións, axudará a difusión do seu traballo, e poderán compartir experiencias con colectivos doutras zonas.
Podedes ver o informe sobre a xuntanza, as ordes do día propostas por bretóns e Albaola, e o manifesto Memorias do Atlántico traducido ao español, publicado en francés na Chasse-Maree e en inglés en Maritime Life.

100 Xurelos.

100xurelos
 

Hai 25 anos un palangreiro partía de Ribeira cara un punto a máis de 300 millas ao NO de Galicia. O seu obxectivo: protestar polos vertidos de residuos radioactivos que se estaban a facer na chamada "Fosa atlántica".
O Xurelo, un barco con casco de madeira, patroneado por Anxo Vila, levaba a bordo un grupo de ecoloxistas, políticos, e periodistas.
O plan era contactar na Fosa co barco de Greenpeace Sirius e xuntos localizar os cargueiros que transportaban os residuos. Pero unha avaría impedíulle ao Sirius reunirse co Xurelo.
O Xurelo proseguíu a súa busca dos barcos, ata dar con eles, e situouse entre os dous, dificultándolles a manobra de tirar cos bidóns. Nese momento intervíu unha fragata da mariña holandesa, que protexía aos cargueiros, intentando abordar o Xurelo.
Despois de testimoniar a repulsa aos vertidos o Xurelo regresou ao seu porto.
Foi o comenzo dunha forte campaña de oposición aos vertidos, incluidas outras viaxes á Fosa, que conseguiría que pouco tempo despois se paralizasen.

Este sábado, 23 de setembro, a A.C. Altofalante de Ribeira, organiza Xurelo: 25 anos dunha travesía, ás 20:00 no Auditorio Municipal de Ribeira. Ao acto asistirán tripulantes que foron naquelas viaxes, entre os que estaban: Manuel Rivas, Gonzalo Vázquez Pozo, Enrique Álvarez Escudero, Camilo Nogueira, Pili Pereiro, Ánxo Vila, Xurxo Lobato, Manuel Méndez, etc

É importante que se lembren estas cousas, que a xente saiba que naquel tempo houbo un gran traballo feito por moitos, polos que foron no Xurelo e posteriormente no Arosa I, no Pleamar e no Sirius, e por outros que quedaron en terra, que se gañou aquela batalla, e que posiblemente esa viaxe foi o principio da conciencia da defensa do noso mar.

Pódese saber máis do que pasou naquel tempo lendo o libro de María Garcia Añón Desde la fosa de la muerte

Presentación do libro "Xentes do mar do Grove"

Xentes do mar do Grove
 

Sotelo Blanco Edicións publica "Xentes do mar do Grove", de Olegario Sotelo Blanco, con fotografías de Xurxo Lobato. Ler máis»

Ou para Ribeira

 
cartel xornadas ribeira 2006
 

Nesta mesma fin de semana, venres e sábado, tamén van ter lugar en Ribeira as Xornadas de Cultura Maritima.
Cunhas exposicións e mesas redondas moi interesantes, nunha delas participará o profesor Mörling, e durante estas xornadas presentarase o novo número de Ardentía, e inaugurarase unha sala adicada ao mar no Museo Etnográfico de Artes.
Tamén podedes ver o programa detallado.

Distribuir contido