Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Exposicións

Aula do Mar: Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

|


A antiga casa do fareiro dos Faros de Mera, no concello de Oleiros, está convertida nunha Aula do Mar, que sirve como centro de interpretación e de recepción de visitantes ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
Ten unha gran cantidade de información presentada de forma amena, e conta coa reproducción dunha furna e e doutros ecosistemas da zona.
Máis información e fotos no web do CEIDA, responsable desta Aula.


A arte da ardora. Exposición

|


O pasado 17 de xullo inaugurouse no Museo do Mar de Galicia a exposición A arte da ardora / L'art de la teranyina do creador Carles Bros, e que estará aberta ata o 13 de setembro.
Estas obras naceron da experiencia do autor a bordo do barco de pesca Montes y Sabino de Port de la Selva, e para a súa estadía en Galicia o autor creou unha peza de collage a partir da conserva galega.


I Mostra das Tradicións Mariñeiras. A Guarda

| |


Os vindeiros 25 e 26 de xullo vai ter lugar na Guarda a I Mostra das Tradicións Mariñeiras, organizadas polo Concello da Guarda e a Asociación de Redeiras Atalaia, coa colaboración de moitas outras entidades.
O programa é moi amplo e consta de exposicións, obradoiros, música, gastronomía, etc.
Haberá unha mostra de embarcacións tradicionais e das 17 ás 21 horas haberá posibilidade de navegar en gamelas e participar en xogos tradicionais.
As actividades e exposicións serán no porto, no paseo marítimo e na Atalaia da Guarda.


Madeiras do Rio: um olhar sobre o património da água do Rio Lima.

| |


Está aberta na Junta da Freguesia de S. Victor, en Braga, unha exposición de fotografía de João Baptista, da Associação Barcos do Norte, baixo o título Madeiras de rio e que recolle fotografías das embarcacións do rio Lima, feitas polo autor entre o 1997 e o 2007.
Para darse unha idea da calidade das fotografías de João podedes pasar polo blog Ângulos imperfeitos onde hai unha boa mostra do seu traballo.


Botadura da buceta de Abelleira

|

Os veciños de Abelleira van botar o seu novo barco o sábado 4 ás 12:30h, ainda que a festa empezará antes cunha comitiva que acompañará á buceta desde o lugar onde foi construida ata o peirao de Sorribos.
Haberá unha exposición fotográfica e proxección dun DVD cos traballos da A.VV. A Ostreira. Logo haberá un xantar.
O acceso con coche ao peirao está prohibido para facilitar a celebración.
A festa vai ser moito máis que unha simple botadura, mirade o programa e o blog dos Mareáns de Abelleira.


Exposición de escultura de Acisclo Manzano

| |


Organizada polo Club Mariño A Reiboa acaba de inaugurarse unha exposición do escultor Acisclo Manzano.
Pode visitarse ata o 29 de maio no Casal de Ferreirós, en Poio, en horario de 8:30 a 14:30 de luns a venres.


Crebas. Exposición

|


Mañán 23 de abril inaugúrase no Aquarium Finisterrae de Coruña a exposición Crebas do fotógrafo Manuel Sendón.
O tema da exposición son os restos que o mar trae, as crebas.
(Vía ModestoFraga.com)


I Mostra de Embarcacións Tradicionais. A Ramallosa – Nigrán 2009

| |


A Asociación Clube Marítimo Marisma da Ramallosa e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan a I Mostra de Embarcacións Tradicionais. A Ramallosa – Nigrán 2009.
Vai ter lugar os días 28 e 29 de marzo na Ramallosa, conta coa colaboración da Concellería do Mar do Concello de Nigrán e está patrocinada pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.
O programa previsto é:

Sábado

08 a 16h. Recepción das embarcacións

17h. Presentación

17.15h. Presentación oficial no Val Miñor dos IX Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia no porto de Muros

17.45H. Presentación do libro para nenos “Os nomes do mar de Baiona e Panxón” de Xosé Lois Vilar, ilustrado por Pepe Carreiro

18.15h.Presentación do libro “Talasonimia da costa sur de Galicia” de Xosé Lois Vilar Pedreira.
De 17.00 a 19.00 taller didáctico sobre o mundo do mar para pequenos e maiores dirixido por Xosé Valtierra.

Domingo 29 de marzo

De 9h a 20h. Mostra en seco de embarcacións tradicionais das Rías Baixas.
De 17.00 a 19.00 taller didáctico sobre o mundo do mar para pequenos e maiores dirixido por Xosé Valtierra.


Abisal. Exposición

|


No Museo do Mar inaugurouse onte a exposición Abisal, e estará aberta ata o 21 de xuño.
Recolle pezas de deseño e artesanía inspiradas no mar realizadas por Joyas de la Raspa, unha empresa de deseño con sede en Vigo.


Moinhos de maré do ocidente europeu. Exposición

|


Ata o 18 de abril está aberta no Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental de Vila do Conde, a exposición Moinhos de maré do ocidente europeu.
O proxecto no que se inclue a exposición é financiado pola Unión europea, e naceu dun congreso sobre os muiños de maré que tivo lugar no Seixal en 2005.
No web do proxecto podedes ver moita información sobre os muiños de maré da costa atlántica europea, incluidos algúns galegos. E no blog do CMIA de Vila do Conde hai tamén moita información sobre as actividades deste centro.


Distribuir contido

Destacamos

Comentarios recentes

Mostra de imaxes

emprosal9

Enlaces

- Asociacións (10)
- Barcos (4)
- Blogs (3)
- Construcción naval (5)
- Museos (3)
- Regatas (1)

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos