Exposicións
VII Semana do Mar. Marín
O mestre | 01/12/2011
A vindeira semana do 5 ao 11 de decembro vai ter lugar a VII Semana do Mar na Casa da Cultura do Seixo (Marín) organizada pola Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu" e o Grupo Cultural "Ronsel".
O programa que se pode ver no cartel inclue a exposición fotográfica Polos mares austrais, a proxección do documental Bueu, unha bota de altura, unha coferencia de Fidel simes sobre o bote polbeiro, o documental O naufraxio do Sirio, unha conferencia de Rafael Bañón sobre os peixes de Galicia, unha visita ao Museo do Mar de Galicia, unha saida a vela en embarcación tradicional desde Aguete, e a proxección do documental Galeg@s universais: historias do mar.
V Mostra de modelismo naval AMONAGA 2011
O mestre | 28/11/2011Desde o 22 de novembro ata o 11 de decembro vai estar aberta no Salón de Exposicións da Zona Franca, en Bouzas a V Mostra de modelismo naval AMONAGA 2011.
Esta mostra na que se poden ver abundantes embarcacións tradicionais ten un horario de apertura de 16:30 a 22:00 h os días laborables e de 11:00 a 22:00 h os domingos.
Máis información no Foro de Amonaga
(Foto do Correillo La Palma feita por José Manuel Rodríguez)
Vivir do Mar. Exposición
O mestre | 10/11/2011
Do 12 de novembro ao 2 de nadal o Concello de Malpica acollerá no Espazo Expositivo do Centro Cívico a exposición fotográfica “Vivir no Mar” da autora Mónica Noya.
O acto de presentación da exposición terá lugar o 12 de novembro ás 20.00 h. no Centro Cívico da vila.
O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso. Exposición
O mestre | 22/10/2011
Onte inaugurouse en Vilanova de Cerveira a exposición O Pai Miño, as miradas sobre o rio de Eliseo Alonso, integrada por 30 fotografías de Eliseo Alonso feitas nos anos 60 e 70 do pasado século, e que recollen a vida no Miño neses tempos.
Esta exposición está organizada polo festival de cine Filminho, e estará aberta na Porta XIII ata o día 30 de outubro.
Eliseo Alonso, escritor nado en Goián, mostrou de sempre un grande interese polo rio que o veu nacer, entre a súa obra destacan os libros Gamelas y Marineros e Pescadores del rio Miño.
(Vía Infogauda)
III Mostra das tradicions mariñeiras. A Guarda
O mestre | 27/07/2011
Esta terceira edición da Mostra das tradicións mariñeiras, organizada polo Concello, vai ter lugar os días 30 e 31 de xullo no Porto da Guarda.
O programa inclue unha mostra de embarcacións en seco, varias exposicións sobre patrimonio marítimo, obradoiros de cestería, encascado, etc, actividades lúdicas, mercado mariñeiro, taberna mariñeira, degustación de peixe espada e percebes, e varios grupos musicais.
En Infomiño hai información sobre a presentación deste evento, incluindo un video sobre o traballo no mar das mulleres, e no sitio web do IEM ademais de información sobre o evento hai un video do ano pasado que recolle a demostración de fabricación de cabos coa técnica artesanal.
A última lancha xeiteira. Exposición
O mestre | 23/06/2011
Mañán venres 24 ás 19:30 h vaise inaugurar no Museo Massó de Bueu a exposición A última lancha xeiteira. A exposición está montada arredor do pecio da Marina, a última lancha xeiteira, e que vai poder ser visitado por primeira vez desde que fora rescatado da area en Caldebarcos hai 20 anos.
Entre os apartados da exposición hai algúns adicadados á carpintería de ribeira, ao conflicto entre xeitos e outros aparellos, á recuperación da Marina e á construcion da Nova Marina, a súa réplica.
A noticia no Faro de Vigo
(Foto Gonzalo Núñez)
Cartas de punto maior. A costa galega no Arquivo Pacheco. Exposición
O mestre | 23/06/2011
Mañán venres 24 de xuño ás 21:00 h vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia a exposición Cartas de punto maior. A costa galega no Arquivo Pacheco.
Consta mais de 80 fotografías temáticas sobre a costa galega (sendo dominantes as de Vigo, tamen inclúe fotos de Malpica, Corme, A Pobra, Cabo de Cruz, Rianxo, Raxó, Aldán, Moaña) do Arquivo Pacheco feitas entre 1895 e 1960 principalmente por Pacheco. Estas fotografías permítennos recoñecer e analizar os principais elementos que forxaron a nosa identidade marítima durante a primeira metade do século XX. Unha identidade que levou ás embarcacións do areal ao peirao. Este paso crucial, de non retorno, modificou a fasquía costeira de Galicia a través da industrialización do noso litoral, co conseguinte aumento demográfico. Un camiño que comezou a finais do século XIX.
Mar ao xeito nos medios
O mestre | 06/06/2011A inauguración da exposición Mar ao xeito foi recollida polo blog da ACD Dorna, polo blog Carpintería de ribera, e polos xornais El Mundo, e Faro de Vigo.
Mar ao Xeito. 20 anos recuperando unha cultura
O mestre | 30/05/2011
O vindeiro sábado 4 de xuño ás 19:00 h, vaise inaugurar no Museo do Mar de Galicia a exposición Mar ao Xeito. 20 anos recuperando unha cultura.
Esta exposición conmemora o aniversario da recuperación do pecio da lancha xeiteira Marina, en Caldebarcos, levado a cabo polos membros da Escola-Taller de Capintería de Ribeira organizada pola Xunta de Galicia, a que logo sería a Aixola, e os inicios da construción da súa réplica, a Nova Marina, hoxe navegando en augas da Arousa.
Este feito marcou dalgún xeito o despegue da actividade de recuperación da cultura marítima galega, despegue que foi o xermolo do nacemento pouco tempo despois da Federación Galega pola Cultura Marítima, co tempo tamén Fluvial.
A exposición fai un repaso deste proceso, e quere render homenaxe a todas as persoas e institucións que ao longo de 20 anos traballaron arreo pola recuperación da cultura marítima e fluvial de Galicia.
Embarcacións antigas nas Moureiras. Exposición
O mestre | 11/05/2011
O pasado 6 de maio foi inaugurada a exposición Embarcacións antigas nas Moureiras, organizada pola Asociación de Veciños San Roque, en Pontevedra. Esta exposción recolle fotografías dos últimos 110 anos, centrándose nas embarcacións visitaban ou que tiñan base na Moureira, o barrio mariñeiro de Pontevedra.
A Moureira é un barrio moi interesante, que fundamentalmente vivia do mar e para o mar, ata onde chegaban as dornas de Ons a vender percebe e comprar suministros e que foi berce de importantes navegantes como o cosmógrafo Pedro Sarmiento de Gamboa.
Esta exposición está aberta no salón social da Asociación de Veciños San roque ata o día 31 de maio.
A noticia no Faro de Vigo
Imaxe tomada de Vidavedra











Comentarios recentes
hai 23 horas 18 min
hai 3 días 4 horas
hai 3 días 6 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 15 horas
hai semanas 19 horas
hai semanas 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 4 días