Encontros

X Encontro. Carril 2011. Situación actual.

Ainda no está pechado económicamente o X Encontro. A causa é a negativa do Concello de Vilagarcía a asumir o seu compromiso inicial e aportar os 20.970 euros de débeda xenerada nas contas polo seu incumprimento.

Pequeno resume do DVD do X Encontro (autor: Ramón Recarei)

(Autor: Ramón Recarei)

Estes son enlaces ao información sobre o que vaia acontecendo con este tema.

O pleno dos orzamentos de Vilagarcía na prensa
O X Encontro e a débeda do Concello de Vilagarcía a Pleno. Convocatoria
O Pleno do Concello de Vilagarcia rexeita asumir a débeda co X Encontro
Na prensa
O Concello de Vilagarcía sigue negándose a pagar a débeda do X Encontro
O Alcalde de Vilagarcía insiste en non pagar a débeda do X Encontro
Volvemos pedir ao Concello de Vilagarcía que pague a débeda
Hoxe haberá Pleno sobre orzamentos en Vilagarcía

Pequeno resume en video do X Encontro

Este é un resume de 15 minutos do DVD que Ramón Recarei fixo sobre o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Para que hoxe teñamos este documento Ramón tivo que botar moitas horas traballando, e sempre mentras outros disfrutan da festa. Moitas grazas Ramón.

II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Marín

Os vindeiros 23 a 25 de setembro terá lugar o II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Marín Organizado polo G.C. Ronsel dentro do programa de actos "O MAR DE MARÍN" do Ateneo Santa Cecilia.
O programa previsto é:

Día 23 de setembro a partir das 17:00h. Chegada de embarcacións

Día 24 chegada de embarcacións a partir das 11:00h. ás 14:00h. Xantar. Ás 17:00h. navegación a vela dende Marín ata Aguete. Ás 21:00h. Cea

Día 25 a partir das 11:00h. Despedida das embarcacións.

Para calquera dubida poñerse en contacto con Antón Pousada no enderezo antonpousadaes@yahoo.es

No 1º Encontro de Embarcações Tradicionais Póvoa de Varzim


A presencia galega no 1º Encontro de Embarcações Tradicionais de Póvoa de Varzim estivo formada por seis barcos: tres dornas; unha gamela e dous botes. Queremos darlles os parabéns aos organizadores, porque fixeron un traballo excelente, que estivo acompañado dun mágnífico ambiente entre os participantes.

Este evento sirveu para reforzar a relación cos amigos da Póvoa, para reencontrarnos unha vez máis cos amigos portugueses, e para coñecer novos amantes do patrimonio marítimo do norte de Portugal.

Desexámoslles aos poveiros que este sexa o primeiro dunha longa serie de encontros.

 

1º Encontro de Embarcações Tradicionais da Póvoa de Varzim - Fotografias das regatas .
Vinte anos da "Fe em Deus": encontros na Póvoa de Varzim

XIX Parrocheira. Ferrol

O vindeiro día 3 de setembro vai ter lugar no Ferrol a XIX Parrocheira, organizada polo Club do Mar de Ferrol.

O programa inclue navegación mañán e tarde e degustación do tradicional xamón e outras viandas no chiringuito dos Xardíns da Ranita, en Curuxeiras.

Este ano o protagonista vai ser o Enxebre, que está de aniversario, 75 anos. Desde 1936 está a navegar na ría de Ferrol (e noutros mares), e está en perfecto estado, grazas aos coidados de Susa, a súa armadora. Abaixo podedes ver unha foto do Enxebre no X Encontro en Carril.

1º Encontro de Embarcações Tradicionais Póvoa de Varzim

Os vindeiros 3 e 4 de setembro vai ter lugar na Póvoa de Varzim o seu 1º Encontro de embarcações Tradicionais, organizado con motivo do 20 aniversario da construción da lancha poveira Fé em Deus. A lancha é coñecida de todos por ser asidua participante en moitos do eventos organizados en Galicia nestes 20 anos.

Enmarcada neste Encontro vaise facer unha homenaxe In memoriam a Manuel Lopes, o promotor da construción da lancha, estudioso do patrimonio marítimo, e gran amigo de Galicia.

No programa do Encontro está previsto que ademais de navegación e da homenaxe a Manuel Lopes, haxa exposicións, conferencias, poesía, etc.

Nos inicios da FGMCF a relación coa Póvoa, con Manuel Lopes en particular, e co norte de Portugal en xeral, foi un elemento moi importante na conformación do traballo da Federación. Ata o día de hoxe en que a presenza de barcos portugueses e galegos é normal en eventos a ambos lados da raia.

Desde a FGCMF queremos animar a todos a participar neste 1º Encontro de Embarcações Tradicionais da Póvoa, e na homenaxe a Manuel Lopes, un home que sempre mostrou afecto e axudou ao movemento de recuperación do patrimonio marítimo e fluvial galego.

XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais. Combarro

Os vindeiros días 26, 27 e 28 de agosto vai ter lugar en Combarro a XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais, organizada polo Clube Mariño A Reiboa.
O programa inclue regata de remos, navegación arredor de Tambo, e a famosa Regata da Pamplina. Haberá comida e actuación do grupo Fervellasverzas.
O prazo para inscribir embarcacións remata hoxe, 22 de agosto, os interesados poden facer uso do formulario de inscrición.

Os Galos amplía as actividades programadas no XV Encontro de Bueu

Os Galos amplían a oferta de actividades no XV Encontro e incluen a proxección o sábado 20 de material de video e fotográfico sobre o seu traballo estes anos. A proxección terá lugar na praza de abastos muncipal entre as 23:00 e a 1:00 horas da madrugada.
Entre o material que se vai proxectar está o documental ‘O bote polbeiro de Bueu’ realizado e dirixido polas xornalistas morracenses Cristina Chapela e Diana Bernárdez. Así mesmo se proxectarán vídeos e fotografías de singladuras pasadas como a participación dos Galos en Brest08.

Estes días as travesias que organiza a mesma asociación están a ter un éxito notable, cunha media de mais de 12 persoas diarias inscritas, con procedencia de Madrid, Castilla y León, Murcia, País Vasco, Cataluña e Galicia. Debido ao éxito da iniciativa aumenta o número de prazas disponibles a 26 ao incorporarse o galeón Ave de Paso, de Fidel Simes.

Tamén está aberta a mostra ‘Carpintería de ribeira e embarcacións tradicionáis’ na sala Amalia Domínguez (arriba na foto), onde se pode mercar a camisola do Encontro e o número deste ano da revista Os Galos.

IV Concentración de Barcos Clásicos. San Vicente do Mar

Organizada polo C.N. San Vicente do Mar, vai ter lugar o vindeiro 21 de agosto a IV Concentración de Barcos Clásicos no porto de Pedras Negras.
É unha boa oportunidade de ver gran parte da flota de clásicos do sur de Galicia. Tamén se espera a participación de grandes barcos de tipo tradicional como en pasadas ocasións.

O día 20 vaise constituir a "Asociación Galega de Barcos Clásicos de Época” (AGABACE) co obxecto de dispor dun ente que, fundamentalmente, agrupe e defenda os intereses dos armadores de recreo de barcos clásicos e de época.

Ampliación da noticia en Todogrove.com co programa detallado e fotografías da presentación

XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu

O vindeiro venres 19 comeza o XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado por Os Galos e que este ano coincide coa Festa do Polbo.

Esta semana tamén é a Semana Mariñeira, organizada polo Concello de Bueu, e onde colaboran Os Galos. Durante a semana Os Galos ofrecen a posibilidade de facer travesías pola enseada de Bueu nos seus barcos e unha exposición sobre carpintería de ribeira na sala Amalia Domínguez, onde tamén poderán apuntarse os interesados nas travesías.

Os interesados en participar cos seus barcos no XV Encontro teñen que encher a folla de inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores.

Distribuir contido