Conferencias

Barcos de cabotaxe do século XX en Corme. Conferencia

Mañán, mércores 7 de decembro ás 19.00h na Casa do Mar en Corme, a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso organiza unha conferencia sobre os barcos de cabotaxe do século XX a cargo de José Ramón Varela Cousillas, autor xunto con Eliseo Puñal do web Barcos antiguos de Corme.
Entrevista a Jose Ramón Varela na Voz de Galicia

A Ría de Arousa hai 2000 anos. Charla

Mañán 16 de setembro ás 20:30 h, vai ter lugar na Casa Forestal As Canteiras, en Noalla, unha charla sobre A pesca e o marisqueo na Galicia antiga: A Ría de Arousa hai 2000 anos impartida por Víctor Bejeda e Eduardo González, expertos en arqueomalacoloxía da Universidade de León. Esta charla forma parte da serie Charlas Lanzadeiras, organizadas polo equipo de excavación da Lanzada.

Un mar de saberes. Xornada conmemorativa do Día Europeo do Mar. O Freixo


O vindeiro 22 de maio, vai ter lugar no Freixo a Xornada conmemorativa do Día Europeo do Mar Un mar de saberes.
Organizada pola Consellería do Mar, constará de tres conferencias a cargo de Victor Fernández, presidente da FGMCF, Gerardo Triñanes, presidente de Agalcari, e Jose Manuel Vázquez Lijó, historiador.
Ademáis haberá un recital poético, paseo por mar e visitas a dúas carpinterías.
A inscrición é gratuita e está aberta ata o 20 de maio.
Programa e folla de inscrición

O patrimonio marítimo de Galicia. Conferencia


O próximo día 14, terá lugar no Casal de Ferreiros do concello de Poio, unha conferencia sobre a importacia de preservar o patrimonio maritimo de galicia a cargo de Víctor Fernández, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, está organizada polo Clube Mariño A Reiboa en colaboración co concello e ca FGCMF. Este acto coincide ca exposición de pintura mariñeira de Moncho Lastra que permanecera aberta ata o día 18 de maio.

Arredor do mar. Antropoloxía mariñeira


Mañán 22 de marzo as 20:00 h darán comezo en Marín as IX Xornadas Blanco Freixeiro de Arqueoloxía, Arte e Historia e que terán como sede o Museo Manuel Torres e que están organizadas polo Concello de Marín.

A primeira das conferencias será Homes de Terranova. A pesca do bacallao, a cargo de Rosa Garcia Orellan. O martes Víctor Fernández González, presidente da FGCMF, falará sobre Patrimonio inmaterial do mar de Galiza. O mércores Xosé Lois Vilar Pedreira falará de Talasonimia. Os nomes do mar. O xoves Francisco Calo Lourido falará de As comunidades de pescadores. A súa ideosincrasia.

O venres proxectarase o documental Galegos universais e haberá unha homenaxe á xente do mar, e o sábado realizarase unha visita guiada por Lino Pazos Pérez á Illa de Tambo.

O patrimonio marítimo. ¿Por que conservalo?. Charla


O vindeiro mércores 17 de marzo ás 20:00 h vai ter lugar en Bueu unha charla organizada polos Galos baixo o tema O patrimonio marítimo. ¿Por que conservalo? na que participarán representantes de Os Galos, Victor Fernández, presidente da FGCMF, e Covadonga López de Prado, directora do Museo Massó.
O obxectivo da charla é mostrar a necesidade de preservar o patrimonio e os rendementos de todo tipo que esta preservación retorna á sociedade, centrándose neste caso no estaleiro de Purro, que ainda está baixo ameaza de derrubamento.

A pesca da balea na Galiza: da Idade Media a 1986


Achegámosvos o texto da ponencia A pesca da balea na Galiza: unha visión de conxunto dende a Idade Media ate a Moratoria do ano 1986 que presentou Dionisio Pereira no seminario Baleação, memória e identidade – Uma perspectiva multicultural, que tivo lugar en Lajes do Pico, o pasado 24 de xullo.
Neste texto faise un repaso á historia da pesca da balea en Galicia e recolle unha bibliografía básica para quen queira saber máis.
A foto de arriba é o barco IBSA II, hoxe Southern Actor, que está no Sandefjord Museum, en Noruega. Este foi un dos últimos baleeiros que cazaron baleas en Galicia.

Glossário ilustrado de pesca. Libro

Mañán 30 de maio vaise facer a presentación do libro Glossário ilustrado de pesca da autoría de Bento d'Assunção Leite, capitan da marina mercante. O acto será no Diana-Bar da Póvoa de Varzim ás 17:00 horas, e sera apresentado pola profesora Inês Amorim.
O libro é o resultado do traballo de moitos anos do autor recollendo os termos aparecidos en multitude de fontes.

Para ser grumete. Nova convocatoria do obradoiro


O Museo de Pontevedra ven de convocar unha nova edición do obradoiro Para ser grumete. O obradoiro comezará o vindeiro día 12 de marzo, as sesións serán todos os xoves durante 12 semanas, e como remate do obradoiro haberá unha sesión práctica de navegación cos barcos dos Galos de Bueu.
Os interesados poden conseguir máis información neste folleto.
Para darse unha idea de en que consiste este obradoiro podedes ver o Apupo 16 onde Jose Manuel Castaño, responsable do Gabinete Didáctico do Museo explica a experiencia.

Carpintería de ribeira, patrimonio flotante e desenvolvemento local. Conferencia

Ofrecémosvos o texto da conferencia Carpintería de ribeira, patrimonio flotante e desenvolvemento local que dou Dionisio Pereira no marco das I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. "Un Mar de Madeira".
Neste traballo o punto de vista vai mais alá da actividade meramente productiva, para estudiar a situación do sector desde o punto de vista do patrimonio e sobre todo das posibilidades da carpintería de ribeira como motor de desenvolvemento local.
Agradecemos ao autor a autorización para poder difundir aquí este traballo.

Distribuir contido