Eventos
Regata do Marisco 2006
Lino | 05/10/2006Este sábado, ás 4 da tarde no Peirao do Grove (a saída será extremadamente puntual), e dentro do programa da Festa do Marisco, celebrarase a Regata do Marisco, como podedes ver no cartel despois da entrega de premios haberá festa no Pavillón de Deportes Naúticos, a cargo dos Viñalar Fantastic Band, estades todos convidados a despedir a temporada no Mar dos Mecos. Ler máis»
XII Concentración de embarcacions tradicionais de Combarro
Lino | 25/08/2006Comunicado do Clube Mariño "A Reiboa"
Desde o Club Mariño "A Reiboa" comunicamos que queda cancelada a XII Concentración de embarcacions tradicionais en Combarro (Poio) por desavenencias co concello, xa que nun ultimo intento de reconvocatoria, acordouse en asamblea extraordinaria do dia 22 de Agosto, a aceptacion a facer a concentración cuns condicionantes, que unha vez expostos no concello estes foron rechazados.
Solicitamos da federación a divulgación desta cancelación, para que poidendo ser, sexa o mas efectiva posible a hora da cancelacion das inscripcions das embarcacións n Ler máis»
Presentación do Punta Pragueira
O mestre | 13/06/2006O próximo día 20 de xuño os Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña van presentar o seu novo barco, o galeón Punta pragueira, do que temos unha pequena galería de fotos.
A presentación vai ter lugar no Clube O Puntal, na dársena de Oza, na Coruña, ás 20 horas.
Ademáis de presentar o seu novo barco, tamén presentarán os seus novos proxectos: a contrucción dunha lancha das Rias Altas, e a construcción dunha réplica da corbeta Maria Pita, de 200 Tons., na que se levou a cabo a expedición Balmís o 30 de Novembro de 1803, partindo da Coruña e co obxectivo de levar a vacina da viruela a América.
Actualización da listaxe de eventos
O mestre | 30/05/2006Acabamos de actualizar a listaxe de eventos, os interesados no II trofeo Fasquía xa teñén a folla de inscrición e normas de seguridade.
Lembrade que o calendario oficial só recolle os eventos organizados por membros da Federación, mentras que a listaxe de eventos recolle de todo tipo.
Botadura da dorna de tope "Peza de Rabo"
O mestre | 15/05/2006Organiza: ACD Dorna
Lugar: Illa de Arousa. Muelle do Cantiño













Comentarios recentes
hai 1 semana 59 min
hai 1 semana 20 horas
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 5 días
hai semanas 1 día
hai semanas 2 días
hai semanas 1 día