Regatas
Regata do Marisco 2011. O Grove
O mestre | 28/09/2011
O vindeiro sábado 1 de outubro vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco 2011, organizada por Amigos da Dorna Meca, co patrocinio do Concello do Grove. A saída está prevista para as 16:00 horas.
Esta é tradicionalmente a regata que remata a tempada de regatas de dornas. Chegan as primeiras choivas e vai chegando o tempo de invernar.
Ultima regata da Copa Balbina
O mestre | 21/09/2011
O vindeiro sábado 24 de setembro vai ter lugar en Sada a última regata da Copa Balbina, organizada polos Patexeiros.
A saída será ás 17 h, e ao remate haberá pinchos e sorpresas para os participantes.
IV Regata Porto Meloxo. O Grove
O mestre | 17/09/2011Regata Lajareu 2011
O mestre | 09/09/2011Mañán 10 de setembro vai ter lugar en Ribeira a Regata Lajareu 2011, organizada por Lajareu por Barlovento.
A saída será ás 16:30 h.
XXIII Regata do Bao
O mestre | 10/08/2011
A XXIII Regata do Bao, que estaba prevista para o pasado día 6, terá lugar o vindeiro día 13 de agosto.
Organizada pola ACD Dorna, a saída será ás 16:00 h desde a praia do Bao na Illa de Arousa. Esta regata é especial por ser a saída desde terra e co barco sen aparellar.
IX Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes"
O mestre | 18/07/2011
Os vindeiros 22 e 23 de xullo vai ter lugar a IX Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes", organizada polo club Marítimo de Redes.
A xornada do venres estará adicada aos Desafíos de Vela Tradicional, onde competirán barco contra barco. Mentras que o sábado será a Regata propiamente dita.
O programa é amplo e ten todo tipo de actividades, entre elas a Festa das cabrias. Os interesados en participar co seu barco dispoñen dun formulario para facer a inscrición.
XIV Regata da Dorna. Ribeira
O mestre | 18/07/2011
O vindeiro sábado 23 de xullo terá lugar en Ribeira a Regata da Dorna, organizada por Lajareu por Barlovento, e que terá a saída ás 16:30 na zona da praia de Coroso.
Lembramos que é imprescindible contar cos elementos de seguridade necesarios e os seguros en regla e recomendamos ler as condicións de participación.
XIV Regata dos Faros. O Grove
O mestre | 05/07/2011
Segue a vida despois do Encontro de Carril e o vindeiro sábado 9 de xullo ás 16:00 horas no Porto do Grove vai ter lugar a XIV edición da Regata dos Faros, organizada por Amigos da Dorna Meca.
Lembrámosvos a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade acordadas.
XXVII Volta a Arousa
O mestre | 15/06/2011
O vindeiro sábado 18 de xuño vai ter lugar un ano máis a Volta a Arousa, un dos eventos máis significados do calendario, a saída será ás 16:00 h da praia do Bao.
Os organizadores, a ACD Dorna, quere lembrar a todos os interesados en participar que é imprescindible contar con seguro de embarción e cumprir os requisitos de seguridade a bordo acordados (chalecos, remos, rison, etc.)
IV Regata do Sepelo. Portonovo
O mestre | 08/06/2011
O vindeiro sábado 11 de xuño ás 16:30 h vai ter lugar a IV Regata do Sepelo, en Portonovo, organizada por Amigos da Dorna de Portonovo.
Espérase para ese día e hora un vento de 8 nós do noroeste, polo que promete ser unha boa tarde para desfrutar da regata.












Comentarios recentes
hai 1 semana 1 hora
hai 1 semana 20 horas
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 5 días
hai semanas 1 día
hai semanas 2 días
hai semanas 1 día