Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Deporte

Entrega do Trofeo Galicia de Dornas a Vela

| |







O pasado sábado día 27 de Outubro tivo lugar no restaurante Tamanaco da Illa de Arousa a cea de final de tempada organizada pola A.C.D.Dorna. A dito evento
asistiron unhas 130 persoas, e este ano tivemos a honra de contar coa presencia
da Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Dona Marta Souto que fixo
entrega do trofeo aos gañadores do III Trofeo Galicia de Dornas a vela que cada ano organiza a Fgcmf xunto con outras catro asociacións ( Dorna da Illa, Fasquía da Illa, Dorna Meca do Grobe e Mariño Salnés de Cambados). Os outros trofeos entregounos a Concelleira de Cultura e Deporte da Illa e o Presidente da Federación. Tamén se fixo entrega da dorna de prata, gañada en Riveira pola A.C.D.Dorna, ao Concello da Illa.
Lembramos que os tres primeiros clasificados foron:
1. Nécora, da ACD Dorna, con Braulio e Jarri
2. Cariñosa, do Náutico da Illa, con Checo e Victor
3. Xarandeira, de Fasquía, con Santi e Juan


Seguros de Navegante 2007

| |

Xa está activo o seguro de navegantes para o ano 2007. O periodo de cobertura vai do 1 de xuño de 2007 a 30 de maio de 2008.
O prezo e condicións son as mesmas que as do 2006.
Neste momento hai xa 38 navegantes na listaxe de asegurados.


Regulamento de Regatas de Dornas

| |

Tomando como base o regulamento da Clase Dorna da Federación Gallega de Vela, de 1.998, sendo delegado Alberto Romero. E xuntandolle as últimas modificacións de Asamblea de "navegantes" dorna, tratamos de facer o que sería o REGULAMENTO que nos rexiría.
Practicamente é o mesmo do 98 e as modificacións de hai un par de anos, e algunha moi mínima proposta actual. Botádelle unha ollada.

Esto será CONSULTADO-DEBATIDO-OU MODIFICADO, se procede na vindeira ASAMBLEA de navegantes dorna do SABADO 10 de MARZO.

ACORDO DE CLUBES.
Tamén para a súa difusión e aproveitamento, transcribimos o texto do acordo de clubes celebrado na Illa o 29 de outubro de 2.000, coa asistencia de: ACD. Dorna, AC Lajareu, CN. Illa de Arousa e ACD Rabandeira.


184 Navegantes e subindo

| |

Xa hai 184 cartóns de navegante feitos. Lembrade que o custo é de 10 euros adultos e 5 euros menores.
Para ter máis claras as vantaxes do seguro podedes ler este comentario de Arturo. Ler máis»


Lista de seguros de navegantes

|

Actualizamos a lista de seguros de navegantes para o 2006. Neste momento son xa 96 os apuntados.
Lembrarvos que o custo do seguro é de 10 euros para adultos e 5 euros para os menores, e o periodo de cobertura é ata o 28/02/07. Ler máis»


Seguros de navegante 2006

|

Arturo Loureiro, o encargado do tema dos seguros, avísanos que xa se abríu o prazo para darse de alta no Seguro de navegantes.
O seguro cubre do 1 de marzo de 2006 a 28 de febreiro de 2007.
O día de remate é independente da data de alta, polo que canto antes vos deades de alta mais tempo disfrutaredes do seguro.
Hai xa disponible unha relación de asegurados


Relación de seguros de navegante 2006

|
 
[table=tables-professional NºSeg. | Navegante | Asoc. 51 | ABELENDA ARES, RAMÓN | ROMPETIMONS 99 | ABELLA REI, EMILIO | ACD. DORNA 96 | ABUIN PIÑEIRO, LEONARDO | AMIGOS DA DORNA 204 | ACHA PAZ, ALEJANDRO | ACD. DORNA 64 | AGUIN BEA, MARIA CARMEN | ACD. DORNA 81 | AGULLA CERVIÑO, ALBERTO | OS GALOS 80 | AGULLA CERVIÑO, LOLO | OS GALOS 60 | ALLO GARCIA, EUGENIO | ACD. DORNA 61 | ALLO GARCIA, SALVADOR | ACD. DORNA 221 | ALLO SUAREZ, SALVADOR | ACD. DORNA 1 | ALONSO VARELA, MANUEL | CL. MAR FERROL 24 | ÁLVAREZ COSTA, JUAN MANUEL | SUESTE 173 | ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, MARIA | MAR DE MUROS Ler máis»

Campionato Galego de Pesca Open ao Corrican GP Aires Combarro 2005

No marco da Festa do Mar 2005 o vindeiro 20 de Agosto vai ter lugar o Campionato galego de pesca ao corrican GP Aires Combarro 2005,coa participación de dornas e motoras.
Os interesados poden ter máis información no programa


Seguro de Responsabilidade Civil para os asociados

| |

A Comisión do VII Encontro, contratou unha poliza de Responsabilidade Civil para o mesmo e aproveitando a ocasión inclueu as actividades que desenvolvan os Asociados da FGCMF. hasta o 30 de decembro do 2.005, durante os fins de semán.
Aínda non temos a copia desa RC. pero sabede que esto existe, deste xeito por exemplo podería darse que Os Galos non teñan que suscribir R.C. para os seus encontros deste próximo fin de semán.
Contactade coa Federación para ter máis información.


Distribuir contido

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

Bolinando

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos