O vindeiro sábado, día 4 de setembro, vai ter lugar en Ribeira a Regata Lajareu, con saida desde a praia de Coroso ás 16:00, e que está organizada por Lajareu por Barlovento.
Colectivos
Regata Lajareu 2010
Enviado por O mestre o Xov, 02/09/2010 - 18:09XVIII Parrocheira. Mostra Proxecto Dorna
Enviado por O mestre o Mér, 01/09/2010 - 21:57
Os vindeiros 3, 4 e 5 de setembro vai ter lugar en Curuxeiras, en Ferrol, a XVIII Parrocheira, organizada polo Club do Mar de Ferrol e que este ano sirve de marco a unha Mostra de Embarcacións Tradicionais, en seco, que forma parte das actividades do Proxecto Dorna. Ademáis coincide co centenario da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.
Segundo o programa haberá unha mostra de 20 barcos en terra, de diferentes tipoloxías para que a xente vexa como son as obras vivas e poida ver con detalle o interior. Tamén haberá unha exposición sobre o Centenario da Autoridade Portuaria, e actividades para os nenos, cunha piscina para navegación e obradoiros infantís.
Por suposto haberá navegación, taberna mariñeira e música ao remate do día. Os interesados en acudir co seu barco que por favor contacten coa Sección de Vela Tradicional do club do Mar indicando datos do barco e número de tripulantes.
O incidente do Novo Sofía e a Rabandeira
Enviado por O mestre o Mar, 31/08/2010 - 20:20O pasado domingo o Novo Sofía e Rabandeira tiveron unha avería volvendo de Aguiño, despois de participar en Pedras Negras na Regata de Clásicos. Quedaron sen motor e o vento non foi abondo para vencer a corrente que os levaba cara ao Faro do Sargo. Chamaron a Salvamento Marítimo, que lles dou remolque a Ribeira, e por sorte a tripulación non sufreu danos.
Regata do Bao
Enviado por O mestre o Mér, 25/08/2010 - 21:04O vindeiro sábado 28 vai ter lugar a Regata do Bao, na Illa de Arousa, organizada pola ACD Dorna. A saida será ás 16:00 desde a praia do Bao.
Esta regata é a única que ten a súa saida desde terra e cos barcos sen aparellar, polo que é moi espectacular.
Actualización: no blog da ACD Dorna tendes unha crónica da Regata do Bao, coa clasificación dos participantes
Concentración e Regata de Clásicos. San Vicente
Enviado por O mestre o Mér, 25/08/2010 - 20:54XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu
Enviado por O mestre o Lun, 23/08/2010 - 19:39
Os vindeiros días 27, 28 e 29 de agosto vai ter lugar o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Bueu, organizado por Os Galos, e coa colaboración de Bueu Turismo, Museo Massó, Cineclube Bueu e Confraría de Pescadores San Martiño.
Como outros anos o Encontro de Bueu coincide coa Festa do Polbo, que ademais da degustación de polbo, conta cun programa variado.
O programa do XIV Encontro tamén é amplo e variado, con charlas, cine, regatas e botadura dun tiknot.
A organización facilita aloxamento no Pavillón, e comida e cea o día 28.
Os interesados en acudir poden inscribirse gratuitamente no correo galosbueu@yahoo.es ou chamando ao 600 426 086 , indicando os datos do barco e número de tripulantes. É importante facelo o máis pronto posible para facilitar o traballo dos organizadores.
Con motivo do Encontro o Museo Massó organiza o día 28 rutas didacticas en barco pola zona, que incluen o seguimento da navegación das embarcacións tradicionais. As rutas serán a bordo do Chasula, de caracter gratuito, e as prazas son limitadas. É unha boa oportunidade para coñecer e desfrutar do mar de Bueu, e navegar entre as embarcacións tradicionais a bordo dun barco singular.
A FGCMF participa en Sail and Oar 2010, na Illa de Cumbrae en Escocia.
Enviado por O mestre o Sáb, 21/08/2010 - 13:12A FGCMF acaba de participar en Sail and Oar, en Millport, na illa escocesa de Cumbrae. O evento foi organizado por Galgael e Cumbrae Community Development Company, dentro das actividades do Proxecto Dorna en Escocia. Participaron no evento barcos de Escocia, Gales, Irlanda, Pais Vasco e Galicia, e houbo presencia de varios constructores navais escoceses.
A Federación desprazou ata Cumbrae catro barcos (dorna, dorna de tope, buceta e gamela), 6 persoas e material informativo (publicacións, folletos, etc.) Na mesma expedición tamén se transportou o material enviado pola Deputación de Coruña e a Consellería do Mar, socios ambos do Proxecto Dorna, e con presencia no evento.
O bo tempo que tivemos os dous días permitiu que os barcos navegasen sen problemas, sobre todo polas tardes, xa que polas mañáns o vento era frouxo. O pouco vento non afectou ao grande número de barcos escoceses de remo que tiveron oportunidade de bogar en óptimas condicións.
Foron moitas as persoas que se interesaron polos nosos barcos, e que fixeron preguntas sobre como se chamaban, construían, ou patroneaban. Os barcos estiveron fondeados polo que só se podían ver con detalle cando se achegaban a terra para embarcar xente, pero estiveron facendo largos continuamente fronte á praia para que a xente poidese aprecialos. A vela de relinga chamou a atención, sobre todo pola forma de facer a maniobra de virada.
En Cumbrae tamén estaban carpinteiros de ribeira galegos que estaban a visitar estaleiros escoceses dentro dos actos programados no proxecto Dorna, xunto con persoal do COAG, da Consellería do Mar e da Deputación da Coruña.
Dentro do evento presentáronse parte dos traballos do Proxecto Dorna: a base de datos para o inventario de embarcacións e estaleiros, a marca BATE, e as visitas a estaleiros de Galicia, Portugal, País Vasco e Escocia.
Foi unha boa experiencia para todos e esperamos que desta viaxe nazan lazos cos amigos escoceses e irlandeses que propicien intercambios de experiencias e novos encontros.
No blog da ACD Dorna tendes un resume do vivido pola nosa expedición, tamén hai un album de fotos de Francisco Vazquez Grandal, unha crónica do mesmo autor, e outras fotos no album deste sitio web.
Nova regata da Copa Balbina
Enviado por O mestre o Xov, 19/08/2010 - 19:35Os Patexeiros organizan o vindeiro sábado 21 de agosto unha nova regata da copa Balbina en Sada. A saida será ás 17:00 horas e no seu blog hai unhas precisas indicacións sobre as normas a seguir para participar.
O Illa de Cortegada xa está no mar.
Enviado por O mestre o Mér, 11/08/2010 - 19:33Onte, 10 de agosto, tivo lugar a botadura do galeón Illa de Cortegada. O barco non está totalmente rematado, xa que ainda falta a arboladura e as velas, pero os amigos de Rompetimóns teñen previsto que a arribada a Carril, xa completo, sexa no mes de setembro.
Desexámoslle longa vida e bo vento.
Noticia da botadura do Faro de Vigo.
Entrevista con Miguel Gago
(Foto Iñaki Abella)
XV Concentración de Embarcacións Tradicionais. Poio 2010
Enviado por O mestre o Mér, 11/08/2010 - 12:50
O Clube Mariño a A Reiboa e o Concello de Poio organizan a XV Concentración de Embarcacións Tradicionais, en Combarro do 20 ao 22 de Agosto.
Os interesados en acudir co seu barco poden inscribirse neste formulario, ou directamente no correo cmreiboa@gmail.com.
O programa da Concentración inclue a botadura dunha nova dorna de tope, regatas a remos, a Regata da Pamplina e a Volta a Illa de Tambo, entre outras actividades.
Os organizadores aconsellan facer a inscrición o antes posible para poder reservar atraque para os barcos que acudan.








Comentarios recentes
hai 3 días 11 horas
hai 3 días 19 horas
hai 1 semana 2 días
hai semanas 3 días
hai semanas 5 días
hai semanas 6 días
hai semanas 1 día
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 8 horas