Como está o peche do X Encontro?
O mestre | 09/02/2012
A pesar da presenza de representantes da FGCMF o pasado 29 de decembro no pleno do Concello de Vilagarcía onde se aprobaron os orzamentos do 2012 non houbo ningún avance na resolución do problema da débeda do X Encontro, xenerada pola actitude do Concello de non querer cumprir co falado e pagar os 20.970 euros que se deben aos proveedores.
O última comunicación do Concello é o documento que recibimos o pasado 18 de xaneiro comunicándonos que se mantiña o acordo de non pagar a débeda. Esta situación, que como é claro pon en perigo o próximo Encontro e causa danos a tres empresas galegas en tempos xa de por si moi complicados, será estudiada na próxima asamblea da FGCMF.
Noticia no Faro de Vigo
Roteiros pola Costa. Bouzas
O mestre | 08/02/2012O vindeiro domingo 12 de febreiro, ás 11.00h da mañá, o Museo do Mar de Galicia retoma a actividade “Roteiros pola costa” cunha ruta por Bouzas, que servirá para valorar o pasado e presente industrial de Bouzas e a súa estreita relación co mar. O percorrido seguirá por Alcabre, onde se explicará a factoría de salgadura Romana, a Villae da Punta do Fiunchal e a Villae Romana de Punta Borralleiro na Praia Do Cocho, e rematará no Museo. É preciso inscribirse previamente neste formulario ou chamando ao 986 247 691.
Faleceu Domingos Dosil
O mestre | 07/02/2012A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial diante do pasamento de Domingos Dosil, ex-alcalde de Muros, quere facer públicas as súas condolencias á súa familia e amigos. Desde a FGCMF lembramos con agarimo e respecto a unha persoa que nunca fixo das dificultades unha barreira e, como bo mariñeiro e coñecedor do mar, apoiou as iniciativas a prol do recoñecemento da nosa cultura mariñeira e tradicional. Sen a súa persoal implicación, o IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en Muros no ano 2009 estando Domingos como Alcalde, non houbera tido nin a relevancia nin a transcendencia que tivo. Que o Vento Mareiro o acompañe. Ata sempre.
No norte os Vikings construen un barco...
O mestre | 06/02/2012
o Draken Harald Hårfagre, en Haugesund, no oeste de Noruega. Terá 35 metros de eslora, unha tripulación de 100 remeiros, e un mínimo de 12/14 tripulantes cando navegue a vela. Hai feitas reproducións de barcos vikingos, incluso navegando, pero este é un proxecto especial. En vez de partir exclusivamente de datos arqueolóxicos que sempre son parciais decidiron darlle protagonismo ás técnicas tradicionais tanto construtivas como de navegación a vela.
Nas súas palabras: "Normalmente, as réplicas de barcos vikingos están baseadas en interpretacións de material arqueolóxico. Nos imos ao revés. Baseámonos na tradición viva da carpintería de ribeira norueguesa que existe desde o tempo dos vikingos. Desde aquí traballamos cara atrás no tempo para recrear un barco vikingo oceánico usando todas as fontes disponibles. Esto inclue: material arqueolóxico, a literatura das Sagas e outras fontes da literatura en Noruegués antigo, fontes estranxeiras coetaneas da época vikinga, representacións visuais de barcos vikingos, rexistros de navegación antigos, listas de materiais, informes, etc."
No seu web, ademais dunha gran cantidade de información, hai un seguimento moi completo da construción en imaxes. O obxectivo que teñen é lograr un barco mariñeiro, capaz de facer unha longa travesía como a que trouxo aos seus antepasados ás nosas costas.
A construción do Draken Harald Hårfagre comezou en 2010 e está previsto que remate este ano 2012, pero en 2009 fixeron tres pequenos barcos para probar distintos deseños de casco, velas e manobra. Podedes velo no video de arriba. Que vos lembran?
Imaxe: Arne-Terje Sæther
Dragon Harald Fairhair en Wikipedia
(Vía intheboatshed.net)
En tempo de inverno
O mestre | 05/02/2012Estamos na metade do inverno pero a actividade arredor do mar non está conxelada. Os Amigos da Dorna Meca hai poucos días que botaron ao mar a Laxe de Boibas e A Rubia, as súas dúas dornas de tope, mentres que máis ao norte, en Mera, o C.N. Punta Bufadoiro ten case lista a recuperación da súa buceta Amalia (arriba na foto), da que xa falamos hai tempo, cousa que non foi posible coa Lolita que sirveu para sacar plantillas que permitirán a construción dunha rèplica.
E un pouco máis ao norte, en Lorbé, os Patexeiros seguen co seu curso de carpintería.
Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios. Libro
O mestre | 31/01/2012
Rafael Lema presentou o seu novo libro Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios o pasado 27 de xaneiro en Muxia, acompañado de Guillermo González, xerente do GAC3, e de Fernando Patricio Cortizo, autor á súa vez de varios libros sobre naufraxios.
O libro fai un repaso á información da que neste momento se dispón sobre os naufraxios da Costa da Morte, entendendo esta como o tramo de costa entre Caión e Fisterra, e aporta datos sobre a historia deste topónimo, que parece bastante recente, xa que está documentado en inglés desde principios do século XX. Esta obra achega datos sobre 44 novos naufraxios, recollendo un total de 454 para a zona estudiada. O libro de 256 páxinas ten máis de 300 imaxes, algunhas delas inéditas, por exemplo as que recollen os debuxos que Antonio Canosa, crego de Ameixenda, fixo nun libro antigo de teatro e que representan os naufraxios de varios barcos na zona xunto coa actividade de raqueiros e carabineiros a mediados do século XIX.
Organizado o libro por tramos de costa, ao final de cada capítulo hai un pequeno ensaio sobre temas relacionados coa Costa da Morte: baleeiros, corsarios, raqueiros, submarinos, e persoeiros relacionados co mar.
O obxectivo do autor é elaborar unha obra de divulgación da historia dos naufraxios da zona, aportar datos novos, precisar outros xa coñecidos e aclarar moitas lendas sobre maltrato aos náufragos, ou a existencia de mafias que causaban o embarrancamento dos barcos, cousas ambas totalmente falsas como se demostra coa existencia de moitas mostras de agradecemento dos paises que perderon navios na zona ás persoas que arriscando a súa vida salvaron a de moitos descoñecidos.
Entrevista a Rafael Lema
A noticia en Anosacosta e Quepasanacosta
(Imaxe tomada de Que pasa na costa)
Staffan Mörling, el suec de l'illa d'Ons
O mestre | 29/01/2012Galicia y el siglo XVIII. Catálogo de planos e debuxos do século XVIII
O mestre | 26/01/2012Galicia y el siglo XVIII. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo (1701-1800) é unha obra imprescindible para os interesados no patrimonio marítimo e fluvial. Dirixido polo profesor Alfredo Vigo Trasancos, un equipo de investigadores traballou durante varios anos para recopilar os datos sobre debuxos e planos en 55 centros, transcribilos e facer un completo catálogo, tanto en papel como nunha base de datos, editado pola Fundación Barrié.
Máis de 1600 planos e debuxos recollen gran parte do construido en Galicia no XVIII. Evidentemente a maioría dos planos son obras construídas ou proxectadas en Santiago, Coruña ou Ferrol, pero tamén hai planos de obras en pequenas vilas.
Unha parte significativa do total dos planos recollidos corresponden a construcións relacionadas co mar e os rios. Hai que destacar os planos do Arsenal de Ferrol, que recollen desde vistas xerais ata pequenos detalles, por exemplo como se construían as portas dos diques de carena (e que poden servir de referencia nunha posible restauración do dique da Cabana, ver máis abaixo). Xunto cos planos do Arsenal hai tamén unha infinidade de planos de instalacións militares de defensa da costa, no entorno de Ferrol, pero tamén nas rías de Camariñas, de Cedeira, en Fisterra, Marín, Moaña, Vigo, etc. Ademais dos planos de uso militar aparecen tamén planos de portos como o de Camariñas, Porto do Son, Ons, ou Pontecesures (cos seus alfolies). Hai tamén pezas singulares, como un plano da zona de Tragove cos muiños de maré, planos das fábricas de enxarcia de Sada, planos dos arsenais dos Correos da Coruña na Palloza, ou unhas vistas de Ribadeo, Baiona e Ferrol encargadas polo Conde de Floridablanca (imaxe de arriba). Respecto dos rios, son abundantes os planos de pontes (Pontenafonso, Ponteareas, etc.) e incluso aparece un plano das pesqueiras do Ulla.
A obra consta de dous volumes: un coas reproduccións dos debuxos; e outro co catálogo dos documentos que inclue a súa transcripción. Tamén inclue a obra dez reproduccións de debuxos a tamaño A2, e unha base de datos nunha chave usb. Dado o tamaño dos planos orixinais en moitos casos non é facil a lectura do plano no libro, pero a consulta da base de datos permite ampliar a vista dos planos así como ver a trancripción completa do texto que acompaña os debuxos.
Algúns destes planos son accesibles en internet a través dos catálogos dos centros nos que se conservan, sobre todo os pertencentes aos grandes centros de arquivo españois, pero outros están en pequenas institucións, co que esta obra facilita a localización e consulta. Sen embargo sería moito máis util se se poidese acceder a ela a traves da Rede, desta forma poderíase actualizar conforme se vaian descubrindo novos documentos (e de seguro van aparecer máis), ou incluso buscar sinerxias coas institucións que custodian os documentos ou con quen queira aportar algo á investigación.
Esta obra representa un enorme esforzo e supon un instrumento importante para quen se adique a investigación do patrimonio marítimo e fluvial. Felicitamos aos autores por este traballo, realmente impresionante, e a Fundación Barrié por facer unha edición de tanta calidade.
(Imaxes tomadas de Galicia y el Siglo XVIII, orixinais en Real Academia Española e Archivo General de Simancas)
Staffan Mörling en Thalassa
O mestre | 25/01/2012O vindeiro venres 27 ás 22:10, domingo 29 ás 15:45 e luns 30 ás 17:30 horas vaise emitir no Canal 33 de «Televisió de Catalunya» unha reportaxe que Josep-Anton Trepat fixo para o programa Thalassa sobre Staffan Mörling.
Esta é a introdución ao programa:
«STAFFAN MÖRLING, EL SUECO DE LA ISLA DE ONS»
Staffan Mörling es un antropólogo sueco que para finalizar sus
estudios, en la década de los años sesenta, decidió hacer un viaje a
la isla de Ons, en Galicia , para estudiar la sociedad isleña y su
relación con las dornas, las embarcaciones propias de los pescadores
de Ons. Allí descubrió un mundo que le apasionó. Se enamoró de Ons y
de una chica de la isla, Josefa Otero, con quien se casaría poco
después. Staffan fue aceptado como un isleño más, como si hubiera
nacido allí. Sus trabajos y libros sobre las dornas y, en general, las
embarcaciones tradicionales gallegas, han abierto un camino que nunca
antes nadie había hecho tan a fondo. Y es lo que ha espoleado a la
sociedad gallega a recuperar sus embarcaciones tradicionales.
Normalmente o programa pode verse en directo en http://www.tv3.cat/3alacarta/#/directes/33 e unha vez emitido en http://www.thalassa.cat
Abre a Casa Mariñeira Don Fernando en Portonovo
O mestre | 22/01/2012Inaugurouse recentemente en Portonovo a Casa Mariñeira Don Fernando. Este espazo, unha casa do século XIX, vai ser un pequeno museo da vila, un punto de información turística, e un aula de formación. Para encher de contidos a Casa os Amigos da Dorna de Portonovo cederon temporalmente a dorna Bicoca para exposición, e un veciño cedeu unha pequena motora para expoñer no exterior. Xunto a estes barcos hai fotografías antigas, unha colección de cunchas, e material relacionado co traballo no mar.
A noticia en CanalRiasBaixas.com, Faro de Vigo














Comentarios recentes
hai 15 horas 34 sec
hai 2 días 20 horas
hai 2 días 22 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 7 horas
hai semanas 10 horas
hai semanas 5 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 4 días