
O vindeiro 20 de Agosto a Asociación Sueste de Moaña organiza o trofeo Javier Cortizo de Dornas a vela.
A saida será do peirao de Meira ás 4 da tarde.
Trofeo Javier Cortizo de dornas
Enviado por O mestre o Lun, 15/08/2005 - 22:49Campionato Galego de Pesca Open ao Corrican GP Aires Combarro 2005
Enviado por O mestre o Lun, 15/08/2005 - 13:27No marco da Festa do Mar 2005 o vindeiro 20 de Agosto vai ter lugar o Campionato galego de pesca ao corrican GP Aires Combarro 2005,coa participación de dornas e motoras.
Os interesados poden ter máis información no programa
O sábado 13, dúas citas de dornas. Palmeira e Cangas
Enviado por O mestre o Ven, 12/08/2005 - 11:48A Regata de Palmeira e xa unha clásica, que organizan os nosos compañeiros de Lajareu por Barlovento, saírá as 16,00 do porto de Palmeira e darlle a volta a Illa de Rúa como xa é tradicional. Espectacular no seu percorrido que e de verdadeira beleza, non todolos días un ten a oportunidade da mirar a "Carabeliña" de perto ou conversar co "Falante de Rua".
A segunda cita e Cangas onde os amigos do C.N. Rodeira, habituais nas nosas regatas poñen a andar a súa primeira Regata, unha magoa a coincidencia no calendario que obrigará a facer eleccións as dornas.
Rendiráse a Ponte de Rande o poder Dorneiro?
Manterá Peixe o seu atervido "look ibisenco"?. Ajuantarallo Tomás ?
(Información de F. Piñeiro, foto Luís da Fonte)
Festa do Rio en Monforte
Enviado por O mestre o Lun, 25/07/2005 - 18:30Os vindeiros 30 e 31 de xullo terá lugar a Festa do Rio en Monforte.
Xestionada por Barcas do Minho, co patrocinio do Concello de Monforte de Lemos, e na que colaboran A Figueiriña-Lanchas do Sil, Amigos do Patrimonio de Lemos, Fundación Xosé Soto de Fión e Barcos do Norte.

Xa está disponible o programa definitivo.
As visións do bacallau, no Museo do Mar
Enviado por O mestre o Sáb, 23/07/2005 - 11:49Onte, dia 22 de xullo, inaugurouse no Museo do Mar en Vigo a mostra As visións do bacallau. Consta de dúas exposicións de fotografías, "Bateaux de Glace" de Lucien Girardin, e "A Campanha do Argus" de Alain de Villiers, e dunha montaxe que recrea as condicións de vida dos mariñeiros portugueses e galegos que protagonizaron a pesca do bacallau en Terranova.
Permanecerá aberta ata o día 11 de setembro, de martes a xoves de 10 a 14h e de 17 a 22h, venres e sábado de 10 a 14h e de 17 a 23:30h, e domingos de 10 a 22h.
LVII Singradura da Festa da Dorna en Ribeira
Enviado por O mestre o Mér, 20/07/2005 - 19:01A Real e Ilustre Cofradía da Dorna organiza a Festa da Dorna, que este ano fai o LVII (57 para os que non lean romano) aniversario.
De paso decirvos que acaba de remodelar a sua web, e nesa web hai máis información sobre a Festa. Toda a semana está habendo actos, pero será no fin de semana do 23 e 24 de xullo cando arrecie o "temporal"
III Regata-Concentración en Redes
Enviado por O mestre o Mér, 20/07/2005 - 18:30Os vindeiros 23 e 24 de xullo terá lugar a III Regata-Concentración de Embarcacións Tradicionais a Vela Porto de Redes organizada polo Club Marítimo de Redes. Na súa magnifica web pódese descargar o cartel e o triptico da deste ano, e ver fotografías das dúas edicións anteriores.
A organización informa no foro de Caamouco que non se vai realizar a "Festa das cábrias" como consta no tríptico, e que o grupo "Sin ánimo de lukro" será sustituido por "Blues Lee".
Recomendámovos unha visita pausada por este foro, porque ten cousas interesantes (fotos, etc)
Seguro de Responsabilidade Civil para os asociados
Enviado por O mestre o Xov, 14/07/2005 - 22:35A Comisión do VII Encontro, contratou unha poliza de Responsabilidade Civil para o mesmo e aproveitando a ocasión inclueu as actividades que desenvolvan os Asociados da FGCMF. hasta o 30 de decembro do 2.005, durante os fins de semán.
Aínda non temos a copia desa RC. pero sabede que esto existe, deste xeito por exemplo podería darse que Os Galos non teñan que suscribir R.C. para os seus encontros deste próximo fin de semán.
Contactade coa Federación para ter máis información.
Cambio de data da Regata dos Faros
Enviado por O mestre o Xov, 14/07/2005 - 22:01Desde Amigos da Dorna Meca avisannos que a Regata dos Faros, que estaba prevista para o vindeiro 23 de xullo, pasa para o día 30 de xullo.
IX Encontro de embarcacións Tradicionais de Bueu
Enviado por O mestre o Mér, 13/07/2005 - 19:12Esta semana con motivo do IX Encontro de embarcacións Tradicionais de Bueu estanse levando a cabo unhas actividades organizadas pola Asociación "Os Galos" de Bueu e o Museo Massó.
Onte, falou Emilio Louro sobre o Proxecto Mar de Lira, hoxe,as 20:00h, Sese Otero Castro falará sobre a restauración do Hidria. Mañán, día 14, as 20:00h, farase a presentación do número dous de Ardentía, a revista da Federación. E o venres, Antón Masa, da Asociación pola Defensa da Ría falará sobre a problemática do litoral da ría de Pontevedra.
O sábado, arribarán as embarcacións, e navegarán frente a Bueu. Ás 22:00h terá lugar unha cea para os tripulantes.
O domingo, ás 12:00h farase unha travesía saindo do muelle de Bueu, pasando por Pedra Branca, a Illa do Santo, e regresando a Bueu.
As charlas mencionadas serán no Museo Massó, e así mesmo haberá visitas guiadas no Museo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 93
- 94
- 95
- 96
- 97
- 98
- 99
- 100
- 101
- seguinte ›
- última »






Comentarios recentes
hai 44 min 2 sec
hai 4 horas 31 min
hai 20 horas 16 min
hai 1 semana 21 horas
hai 1 semana 1 día
hai semanas 4 horas
hai semanas 17 horas
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 6 días