Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera en Galicia, 1870-1970. Libro

O día 11 de xuño ás 20:00 horas, terá lugar no Museo Massó a presentación do libro: Género, trabajo y niveles de vida en la industria conservera de Galicia, 1870-1970 de Luisa Muñoz Abeledo, que xa ten publicado varios traballos relacionados co mercado de traballo nas industrias marítimas galegas.

Carril acollerá o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en 2011

A Asamblea Ordinaria da FGCMF decidíu o pasado venres 4 de xuño por unanimidade aprobar a candidatura que presentou a ACD Rompetimóns para organizar o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en Carril o vindeiro ano.
A candidatura de Carril conta co apoio da Asociación Marítima e Cultural Vilaxoan e do Concello de Vilagarcía. Tamén o Parque Nacional das Illas Atlánticas, ao que pertence a Illa de Cortegada apoia o evento.

Podedes ver en Scribd o dosier presentado para defender a candidatura ou descargalo directamente (6.7 MB). Os datos do programa que constan no dosier son provisionais, pero ainda que será o Comité que se forme para organizar o Encontro quen finalmente establecerá o programa definitivo, intentarase que o exposto se leve adiante.

A noticia da aprobación no Faro de Vigo e outra sobre os primeiros traballos que se van facer.

III Regata do Sepelo


O vindeiro día 12 de xuño vai ter lugar en Portonovo a III Regata do Sepelo. Organizada polos Amigos da Dorna de Portonovo, o seu percorrido, coma sempre, será de dúas voltas a un circuito que partirá dende as inmediacións da punta do muelle e rematará na mesma zona. As boias de virada variarán en función do vento que haxa ese día para que os "largos" non sexan directos.

VI Regata Fasquía

VI Regata fasquíaVI Regata fasquía
O pasado sábado 5 de xuño tivo lugar o VI Trofeo Fasquía, organizado pola ACDX Fasquía, e que marca o comezo da temporada de regatas.
A gañadora foi a Jalerna, seguida da Nécora e en terceiro lugar a Fuxe. Na foto de arriba podedes ver a Jalerna de Cartarola e Ricardo intentando pasar á Fuxe, dos Parada.

Xa estamos traballando na mellora do web

Xa comezamos os traballos para mellorar este sitio web. Polo momento pode haber algúns problemas puntuais polos que pedimos desculpas. Intentaremos normalizar o web o máis pronto posible.
Xa temos activo un novo filtro para evitar a entrada masiva de lixo no foro e nos comentarios como estaba a suceder ultimamente. Esperamos que agora se poidan facer comentarios con facilidade.

A apariencia gráfica actual é transitoria. Seguimos a precisar de opinións sobre como mellorar o web, calquer idea pode ser importante para todos. Podedes usar os comentarios ou o foro para botar unha man. Ler máis»

As asociacións da FGCMCF no programa Eirado da tvG2

Hoxe sábado 29, a partires das 22:30 h o programa cultural Eirado, da tvG2, adicará unha reportaxe ás asociacións que forman a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Visita o Santa Maria Manuela


O vindeiro fin de semana poderase visitar o Santa María Manuela de 09:30 a 12:00 e 14:00 a 18:00 (hora de Portugal).
Neste momento o barco está ultimando os traballos de certificación para facer a súa primeira viaxe comercial en agosto.
Na foto de arriba podedes velo no Cais dos Bacalhoeiros da Gafanha da Nazaré, acompanhado do Argus, que espera a súa vez para ser restaurado.

(Foto: Luis Miguel Correia)

Levar o Barco ao Bom Porto. Documental


No ano 2002 como produto do curso Olhar do Real fíxose un documental/entrevista que ten como protagonista a Joao Baptista, un dos fundadores de Barcos do Norte e persoa significada na defensa e divulgación das embarcacións tradicionais, especialmente as propias do norte de Portugal.

A semana na prensa

Esta semana a Voz de Galicia da conta da celebración do Día Marítimo Europeo no Freixo, coa presenza de membros dos proxectos europeos Fishernet, Nea2 e Dorna.
O Faro de Vigo recolle a re-botadura da dorna Banda do rio, no estaleiro de Purro, en Bueu.
E tamén o Faro informa da finalización dun estudio arqueolóxico e etnográfico das Ons, e especialmente da recollida de microtoponimia. Este estudio foi encargado polo Parque das Illas Atlánticas.

Botadura na de Purro

O vindeiro sábado 22 de maio vai ter lugar no estaleiro de Purro en Bueu a botadura da dorna Banda do Rio. Para celebrar o evento haberá mexilloada para os asistentes.

Respecto da situación da de Purro non hai novidades, segue sen pronunciarse a Consellería de Cultura. Como exemplo a seguir neste caso pódese ver a situación do estaleiro de Ondartxo, que acaba de abrir as súas portas ás visitas públicas e onde vai ter a súa sede Albaola. Neste estaleiro gárdanse máis de trinta barcos pertencentes á Diputación Foral e o Untzi Museoa, e conta cun taller de carpintería de ribeira onde se construen ou reparan barcos de interese patrimonial.

(Vía Salvemos o estaleiro)

Distribuir contido