Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

mástil de dorna

Hola, a ver se alguén me pode axudar:
Teño unha dorna de 4,5 m. e quería cambiarlle o pao. Supoño que a mellor madeira é o pino país pero nos aserradeiros que preguntei só teñen pino abeto que está cheo de nós e non me da confianza,tampouco sei se se podería facer de carballo. Alguén sabe algo do tema? outro tipo de madeira?... a medida ideal sería de 5 metros non?
Graciñas!!!


Estas no tempo ideal para ir

Estas no tempo ideal para ir a picar un pino o monte, hay que ter certo coñecemento do pino porque mengua bastante e decir o pino que nun principio parece da medida o descunchalo baixa e logo ainda mengua un pouco. Que o atopes dereito.
O longo, para a dorna que dices, anda sobre os 5,10 despois de feito, para unha vela de relinga 4,40 e dorna polbeira de 9 cuartas que é mais ou menos o que ti debes ter.

Facelo e tamén unha boa idea tes que ter unha madeira axeitada, pino abeto dendo logo non, serache dificil facelo de unha peza polo que o normal e pegar. Ahí haber si che pode axudar outro.

Sorte


OLá, o ideal pra facer

OLá, o ideal pra facer mastros é o pino amarelo. antigamente era moi recomendado o pino oregón, pero hoxe en día digamos que é unha misión imposible atopar este tipo de madeira, a parte de ser caro como un raio. o Pino Melis é unha boa opción a parte de dispor de pezas de longo de abondo pra o palo que tí necesitas. o que está claro é que tes que facelo laminado, para o seu encolado tes que empregar colas resistentes a auga. non che recomendo a cola de poliuretano. o que sí che podería recomendar é a resina epoxi. e tamén unha cola branca que comercializa (Wurth) indicada pra estes asuntos. A usan moito pra o encolado dos remos que se usan en competición de bateis, traiñas..... en canto o longo, depende moito da vela que teñas. si tes xa un palo e ves que che vai bem pois a medida xa a tes, si ves que che queda curto.... xa sabes. quen mellor ca tí pra sabelo!! saúdos e que teñas sorte co choio.


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

seixal

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos