
Esa era a dubida que tiña eu. No barco dín que se fixo en Noia, pero por ahí adiante está documentado como feito en Cardona. Quen ten a razón ?
No libro dos últimso grandes veleiros de España din que en Cardona..... ....
Por alusións:
A ver, no traballo colgado na web da FGCMF sobre os pailebotes, dise o seguinte do "Nieves"/"José Miguel Masiques":
"Foi neste tempo, correndo o ano 1918(*) , cando o que hoxe coñecemos como “José Miguel Masiques”, armouse na carpintería de ribeira de Manuel Domínguez Lestón situada en Broñas, xusto no linde entre os Concellos de Noia e Outes. Daquela, o pailebote de tres paos levou na amura o rótulo de “Nieves” e tiña de eslora 27,09 mts., de manga 7,01 mts. e de puntal 3,08 mts., desprazando case que 128 toneladas de rexistro neto . Na súa primeira andaina, os armadores do veleiro foron o propio constructor do barco, Manuel Domínguez Lestón, Primitivo Trigo Pardiñas e outros, iniciando o “Nieves” un derroteiro que, ate 1941, levoulle a transportar a arxila das barreiras de Dena e os piñeiros de Noia, ate os portos levantinos e do Cantábrico, de onde retornaba con cargamentos de sal de Torrevieja e carbón asturiano . A partir de 1941, o pailebote vendeuse, primeiro a uns armadores de Vigo, e logo, no ano 1946, á casa navieira barcelonesa Masiques, que transformóuno en motoveleiro mudándolle o nome polo de “José Miguel Masiques”.
(*) Tomamos a data do rol do barco e do traballo de Enric García Domingo “La casa Masiques (1890-2005). Apunts per a una història d´empresa”, publicado en “Drassana”, Revista del Museu Marítim de Barcelona, decembro de 2005; sen embargo, Hermo Insua, de quen recollemos as informacións relativas á construcción do barco, refírese a 1919 como o ano no que tivo lugar a súa botadura. Hermo Insua, J.L. op.cit.
Ata aquí o que se dicía no traballo dos pailebotes que podedes consultar na web da FGCMF.
A maiores: Enric García Domingo, no seu artigo referido, dí textualmente: "L´any 1946 la casa (se refire á naviera barcelonesa Masiques) va a adquirir el pailebot de tres pals "Nieves" construit a la Coruña l´any 1918. Tenia 26,45 m. d´eslora, 7,07 de mánega i 3,20 de puntal... Va a ser rebatejat amb el nom de "José Miguel Masiques".
No seu libro "Historia de la vela en Noia", editado en edición propia no ano 2004, o noiés José Luis Hermo Insua, na páxina 82 relata minuciosamente o historial do "Nieves", construído na praia de Broñas (Outes/A Coruña) segundo el en 1919, ate que foi vendido no ano 1941 a uns armadores de Vigo. Sen embargo, o seu actual armador Alfredo Fernández nos informou que na documentación do barco figura como data de construcción 1918, dando crédito á información de Enric García Domingo.
Precisamente, o artigo que nos puxo na pista da verdadeira procedencia do "J.M. Masiques", chamado "Nostromo" dende o ano 1974 e como tal atopouno Alfredo Fernández nas Canarias, foi o documentadísimo ensaio de Enric García Domingo publicado na revista do Museo Maritim de Barcelona "Drassana" en decembro de 2005. E digo "nos" porque tanto Bjorn Arpp, como Alfredo cando o mercou (el sí sabía que o "Nostromo" fora antes o "J.M.Masiques"), coma min, andabamos nas berzas respecto da súa orixe. Bjorn falou hai poucos meses con Alfredo Fernández para coñecer estes datos e xa se comprometeu a cambiar en edicións futuras a ficha do pailebote "Nostromo/José Miguel Masiques/Nieves".
Por certo, coa rehabilitación que o "Nieves" vai ter ao longo do ano 2007, o pailebote voltará a ter 3 paos.
Eche o que hai.
Saúde
Dionísio Pereira
¿Cal é o nome deste
¿Cal é o nome deste barco?,Jose miguel Masiques,Nostromo,Nieves clase de barco Pailebote, Goleta e aquen preguntarllo ,O historiador que estivo en nobembro 2005 D.Björn Arp presentado coma un dos que mais sabia disto da recuperación dos últimos grandes veleiros e que falou do asteleiro Cardona de Barcelona onde se construira o barco tipo de construcción forma de bansear etc..., ou a Dionisio Pereira que di que se fixo en Outes, Noia, e que tiña tres paus , a verdade e que un faise un lio con todo isto, agradeceria si alguen podese esclarecer algo.
Agradecido de anteman, muito obrigadinho a tod@s pola paxina e a laboura desenvolta.