Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo. Exposición

|


O vindeiro día 11 de outubro, ás 12:00 h, vaise inaugurar no Museo do Pobo Galego a exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo.
Esta exposición é froito do traballo dun equipo do IES Concepcion Arenal, do Ferrol, coordinado por Bernardo Máiz e Enrique Freire, e que gañou un dos premios que a Fundación Antonio Fraguas otorga cada ano a proxectos educativos.
O traballo de campo durou un ano e percorreron 64 lugares para documentar as embarcacións do norte galego, o obxectivo era documentar o patrimonio vivo, ainda que sen renunciar a recoller tamén algúns elementos xa desaparecidos.
A exposición consta de 42 paneis, que logo de estar no Museo do Pobo irán a Ferrol e posteriormente ao Museo do Mar de Galicia.
É intención dos autores que a itinerancia da exposición continue por aqueles lugares que mostren interese en recibila.
Está previsto que a finais deste ano se edite un libro e varios DVD que recollan os contidos da exposición.


O cartel é moi bo ¿Como se

O cartel é moi bo ¿Como se pode pedir para traela


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

a Búrbida en Cambados

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos