
Do 5 ao 12 de outubro está tendo lugar en Pedras Negras, O Grove, unha mostra de máis de 20 embarcacións tradicionais de Galicia e Portugal.
Está organizada polo C.N.San Vicente, a FGCMF, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, e o Concello do Grove.
Os próximos actos son:
10 e 11 de outubro
I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. "Un Mar de Madeira"
Do 4 ao 12 de outubro
Exposicións de Enrique Conde, Blanca Marcos e Roi Vázquez.
Esta Mostra é unha oportunidade de ver unha grande variedade de barcos, pero ademais poderedes ver tipoloxías que non se ven facilmente como a Esperanza Liberdade, gamela de Cabo de Cruz, ou o Canote do Fao, barco do norte de Portugal.
Coincide en datas coa Festa do Marisco, e o Concello do Grove disporá un servizo de autobús cada hora que una o recinto da Festa, o CIPES, e Pedras Negras.


Libro de Lino Prieto O día
Libro de Lino Prieto
O día 5, ás 12, no salón do Club Náutico de San vicente, F. Fernández Rei presentará o libro de Lino Prieto "Onde se vive o Mar. Pequena Guía de Embarcacións". Será nun acto público antes da inauguración da Mostra e despois de que, o día anterior, se celebrase a Xuntanza Blogueir@