Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

REGATAS DE BUCETAS

Despois de navegar por Bouzas e ver que día a día xa temos unha cuantas bucetas, gustaríame plantexar o fio do falado con alguén a 1ª REGATA DE BUCETAS.

Temos: Bouzas, A Illa, Combarro, A Coruña, algunha por Muros, cantas por Ferrol e Redes?.

Que vos parece e si de cara o ano que ben a facemos no marco do Encontro, sexa onde sexa e despois os interesados que digan algo.

Fernando


Paréceme unha idea

Paréceme unha idea estupenda e facilmente realizable. Para debatir:
¿Estás pensando nunha regata a remos ou a vela?
Asdo: membro do grupo de cultura mariñeira da asociación cultural o xeito (Vila de Esteiro)


Non pensaba en mais que en

Non pensaba en mais que en xa hai un grupo suficiente para poder facer competicións, e promocionalas, pois a verdade e que da gusto navegar en elas. Si e a vela ben si a remo tamén. Habería que facer un pequeno regulamento para que competiran en igualdade de condicións.

Fernando


Sería estupendo mais a

Sería estupendo mais a realidade é que as bucetas recuperadas son de características diferentes, ainda que esto tampouco tería que impedir a realización de regatas sempre e cando non tivesen carácter competitiva porque non podemos acadar a igualdade con embarcación da mesma tipoloxía pero todas diferentes unhas das outras.
Non sei, se cadra poderíase facer no marco dos próximos encontros créando un espazo ou actividade que lle dea relevancia ás bucetas.
Hai moito tempo para realizar propostas, contade con nós.
Un primeiro paso podería ser identificar facendo unha relación desde a federación de todas as bucetas recuperadas para uso social que hai no país e a través da federación poñermonos en contacto e definir un proxecto común no que participar que ao mesmo tempo reforzase as nosas propostas no ámbito local.
Un saúdo.


A canle para estas

A canle para estas cuestións está no Certificado CIM que se fai a través da Fed. Española de Vela e que permite competir a barcos diferentes entre si en igualdade de condicións. Lin no Boletin que fixeron os da Dorna Meca con motivo da regata de clásicos Emprosal que os podía xestionar o Club Náutico de San Vicente, o que quere dicir que tamén a federación podería ver o xeito de facelo e eso podería servir para tódalas regatas deste tipo nas que compiten barcos de diversa feitoría.


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

Presentacion Encontro Ferrol 2

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos