Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

I Regata de San Vicente de Dornas a Vela

| |


Este venres día 15 de agosto, ás 12.00 horas, celebrarase no Porto de Pedras Negras a I Regata de San Vicente de Dornas a Vela, en colaboración co Club Náutico San Vicente do Mar, que opera neste porto. Haberá premios en diversas categorías ademais dos tres primeiros clasificados, como o tripulante máis moz@, o máis veteran@, a muller mellor clasificada, a asociación da que participen máis dornas ou o "premio á dorna máis fermosa", que será elixida entre todos os tripulantes. pola noite como remate da xornada festiva actuará o grupo Os Hackleberries no mesmo porto.
Tódolos interesados en participaren terán que comunicar os seguintes datos, (por cuestións de organización e servicio de restaurante) antes do xoves 14 ás 20 horas ou ben á Asociación de Amigos da Dorna Meca, ou ben ó Club Náutico San Vicente (administración@cnsvicente.org ou 986738325) Terán que sinalar os seguintes datos:

a. Nome, apelidos e teléfono do patrón
b. Nome e apelidos do/s tripulantes
c. Club ó que pertenecen

É importante ler as normas da regata


Hay que reconocer que fue

Hay que reconocer que fue magnífica la estampa de las dornas y las traineras en el puerto de San Vicente do Mar. Esperemos que se consolide esta iniciativa


Foi todo unha mágoa, a

Foi todo unha mágoa, a ausencia dun bo vento para poder dar un bo espectáculo. pero... eche o que hay, esperemos que en vindeiras edicións, si as houbese. Poder gozar dun bo ventiño. do demáis, agradecer o Naútico de S. Vicente, e en especial o seu presidente, esta iniciativa.


Adiante, con estas

Adiante, con estas iniciativas que propician a difusión da nosa cultura-deporte, eu poiden ver o espectaculo de Pedras Negras e a verdade e que foi moi bonito, traineras e dornas. os parabéns o Nautico e de S. Vicente polo esforzo de facer coincidir os dous eventos.

O Sorro.


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

proxectoronsel

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos