Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Vendo "HIDRIA SEGUNDO"

Poño este anuncio aquí, inda sabendo que vai ser moi dificil atopar comprador que esté disposto a sufrir tanto. Espero simplemente un pouco de apoyo, porque vender ó Hidria e vender o que eu consideraba a miña vida e que nestes momentos tan negros vexo xa como pasado.
Si creedes que pode haber alternativa, escoitareinas con agrado.


tes un barco precioso;oxala

tes un barco precioso;oxala non te vexas abocado a vendelo .Alguen che dara outra idea .sorte e animo


AS COUSAS COMO SON.

AS COUSAS COMO SON.
Simplemente moitos esperamos que nos se chegue a producir esta especie de sorte que por outra banda tanto comprendemos.

Non sei como teremos que amosarnos todos públicamente para que o patrimonio maritimo de Galicia non teña que pasar por estos tragos.

A esperanza de que poidades atoparlle unha solución e non teñades que pasar por eso non se perde.

E quen teña que escoitar haber si escoita.

Un saudo
Fernando Piñeiro Oubiña


Caros amigos: O mundo

Caros amigos:
O mundo global, que tamén se traduce en información absoluta, fainos dificil, darlle o acougo as cousas realmente importantes, xa que logo, o bombardeo de feitos é contínuo. Isto é xeral, mesmo para as administracións e é algo que no norte da Europa teñen claro: se queres algo, faino ti, xa que logo, a administración irá sempre a remolque, con moitas propostas semellantes e, en moitos casos, sempre en beneficio do político de quenda. Porén, penso que si queremos axudar ao Hidria témolo que facer nós, os particulares. Unha das opcións é propiciar unha asociación que faga achegas para o seu mantemento. No meu caso, estaría encantando de poder participar nunha iniciativa deste tipo. Teñolle máis fé nisto que da resposta dos partidos políticos, dominadores de tódalas as administracións, sometidos a dinámica electoral contínua, quer municipais, autonómicas, europeas, xerais, actuando sempre con medidas resultadistas a curto prazo.


Había sentir moito ve-lo

Había sentir moito ve-lo Hidria, coma outros barcos pertences ó patrimonio cultural galego, amarrado a un muelle e abandonado por falta de amos, mantemento, navegación e vida.

Coñecín da vosa man o proxecto cando iniciastes a vosa estadía de base no muelle de Vilagarcía. E, curiosamente, a miña vida no mesmo porto "rematou" (polo menos formalmente) poucos meses despois a bordo do voso barco (hávos acorda-la molladura que apañei).

Non conozo o precio de venta, pero podo imaxinalo aproximadamente: cando se observan os volumes e mailos destinos dalgunhas partidas de gasto das administracións, incluso no apartado cultural, dá mágoa pensar que ás veces se gastan os nosos cartos en fins moito menos comprensibles cá conservación deste barco.

Moita sorte. E pase o que pase, gracias polo proxecto no que puxestes tanta ilusión.


O meior e o momento, como

O meior e o momento, como dí o noso Capitán Sardiña, de tirar do Hidria via movemento popular. Si hai que moverse e eso ten resultado, adiante, apuntome.

Si acaso, poderíase canalizar a través da FGCMF ou calquera outro organismo que se preste.

O Sorro.


Abofé que acabo de

Abofé que acabo de quedarche parvo, lendo este anuncio da posta á venda do Hidria. Eu, certamente, non sabería que dicir, aparte de expresar o xeral apoio e mala ostia porque isto aconteza de novo, como xa ten pasado con outros elementos do noso patrimonio cultural marítimo e de terra.
Eu pensaría no Museo do Mar, por exemplo, para que se fixese co barco, mais sei do que lles custou por a nave en marcha todos estes anos... e ademais, lembrade o caso do Alfageme...Así que se me antolla muito difícil o choio.
Penso en organismos públicos, como Concello de Vigo, utoridade Portuaria de Vigo, Consellería de Cultura, fundacións varias...eu que sei ¡¡¡
Se se tiran cartos pola borda con mil e un fastos de merda baixo o pretexto da "cultura", o tema Hidria non lles debería levar máis dun minuto para lle dar solución.
ALguén se imaxina que deixaran caer, por exemplo, o Pórtico da Gloria da catedral compostelá?? NON,certamenete. Ou que se deixase arder as Fragas do Eume e desaparecer todo o patrimonio natural senlleiro que alí se desenvolveu?? Tampouco, non si?
Pois deixar morrer este barco, ou que remate en man de millonarios ou corporacións ignorantes para ofrecer "vermuts" na cuberta (e máis outros vissios...) en xornadas de negocios en Mallorca, sería como deixar morrer a catedral ou queimar as fragas. Muito de coñecemento e autoestima aínda se precisa no país Gz para que non acontezan episodios como este. O Hidria podería ser considerado un dos "Pórticos" da Gloria da modesta pero "in crescendo" frota galega de embarcacións tradicionais. En Brest´08 ficou manifestado o bon facer e o amor das xentes da FGCMF polo mundo-mar, e como os demais países aprezan e valoran o noso patrimonio marítimo. Dicirlle agora aos noruegueses que o Hidria ten que se vender... fliparían....claro.
Pero acredito no sinalado polo Capitan Sardiña e O Sorro sobre a oportunidade de encetar, mesmo desde a propia FGCMF, o movemento para que o Hidria siga sendo patrimonio galego, en forma de fundacións,ou do que sexa, "doctores tiene la iglesia". Apúntome, desde as miñas modestas posibilidades.
E tamén, como lembra Fernando, que escoite quen ten que escoitar.. aviso para navegantes.
En fin, desculpas polo rollo.
Boa proa e que os ventos lle sexan favorables ao Hidria.
Saudiña


A TVG. a verdade e

A TVG.
a verdade e que o esforzo que realizan determinados programas da TVG e moi de agradecer, fanno ben e non se meten si saber e o caso de "De proa a Popa" que todolos domingos pon a Cultura Maritima na pantalla, onte tocoulle o turno a Brest a e reportaxe non estivo mal, O "SIMPATICO" foi cando referindose o HIDRIA, o nomeaba como o buque insignia da flota galega .... e mais saeu moito nas fotos, por outra banda a realidade esta nesta páxina.

Que pouco nos leen

O Sorro


Moitas grazas polos

Moitas grazas polos comentarios. Estamos pensando en facer unha asociación e entrar si se pode na federación. O noso problema máis importante e non ter uns ingresos fixos que fagan que o mantemento do barco e contratar a tripulación se faga tan pesado. Inda que o barco vai seguir en venta, non creemos que sexa facil vendelo, si o consideramos patrimonio galego somentes un museo podería estar interesado nel e non creo que sexa o caso. Os partidos politicos peleanse entre eles discutindo si se poden gastar os cartos en cultura ou patrimonio, polo que non creo tampouco que ningún se molle por nós. O barco sae moi ben nas fotos, e cando se ven os reportaxes da tele e prensa supoño que a xente non se pode imaxinar o que hai detrás, que nin siquera fomos capaces de conseguir un atraque legal de pasaxeiros, polo que non podemos poñer publicidade con horarios de salida nos hoteles, etc. Ter un barco patrimonial tan grande en Galicia e unha carga tan grande, que si as cousas non cambian, farase insostenible.
Nos sabemos que ventaxas podería ter que fagamos unha asociación co Hidria e cales serían as contrapartidas. Espero suxerencias.

Polo que pensando friamente, ¿que nos queda?, AGUANTAR. Tal vez teñamos que volver a traballar pola nosa conta e usar o Hidria para vivir nel.

Grazas de novo, sentimosnos coma na casa entre vos.


Veño de ler o do Hidria.

Veño de ler o do Hidria. Canta razón ten Sesé no seu comenrario!. Só poido desexar ánimo a Sesé, Jacobo e demáis e ofrecerme para o que poida axudar.

Unha aperta moi forte.


querida "sese"eu son unha

querida "sese"eu son unha novata nestes temas ,simplemente visito esta paxina de vez en cando porque me gusta ver esas preciosas embarcacions das que fai poucos anos non sabia nin que existian ,non navego nin nada parecido simplemente gustame o mar ;entendo k o voso barco e un museo flotante e un patrimonio maritimo e que non se pode consentir que ningunha institucion se decante por axudarvos co seu mantemento xa que esta claro que un barco asi e insostenible .

saude e sorte .


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Próximos eventos

Mostra de imaxes

galicia-ciencias-mar

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos