Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Asamblea Xeral Ordinaria da FGCMF

30 Set 2006 - 17:00
30 Set 2006 - 21:00

O dia 30 de setembro na sede da FGCMF (antiga Comandancia de Cambados) as 17:00 en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda.

Orde do Día:

1. Informe de situación económica
2. Informe de Xestións.
3. Resumen da Tempada
4. Seguros. Informe
5. VIII Encontro de E.T. de Galicia
6. Brest 2008. Galicia Invitada de Honra.
7. Participación no Salón Nautico de Barcelona.
8. Exposición de proxecto. Fundación Pailebote
9. Rogos e preguntas.


u7t976t0'98

u7t976t0'98


Para animar un pouquiño

Para animar un pouquiño máis os comentarios digo algo aquí que o día da asemblea esqueceuseme. Xa que este inverno imos ter ó que parece unha boa exposición dos de Mar de Noia en Santiago alí mesmo vai haber outra de carácter marítimo en breve. Refírome a exposición que se prepara no museo do pobo galego o decano dos estudios etnográficos marítimos de Galicia o noso sueco máis galego Staffan Mörling. Recén chegado hai uns escasos días aproveitará parte do seu tempo de lecer en Beluso pra dar os retoques ó catálogo da exposición sobre a Illa de Ons alá cando el chegou nos mediados dos sesenta.
Nela teremos a oportunidade de observar boa cantidade de fotos aínda inéditas e que son un tesouro para unha das comunidades mariñeiras máis peculiares da nosa costa a illa de Ons. E por se fora pouco sazonará as súas magníficas fotos con interesantes textos . Paga a pena ir!


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

ribeira93

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos