XII Concentración de embarcacions tradicionais de Combarro
Lino | 25/08/2006
Comunicado do Clube Mariño "A Reiboa"
Desde o Club Mariño "A Reiboa" comunicamos que queda cancelada a XII Concentración de embarcacions tradicionais en Combarro (Poio) por desavenencias co concello, xa que nun ultimo intento de reconvocatoria, acordouse en asamblea extraordinaria do dia 22 de Agosto, a aceptacion a facer a concentración cuns condicionantes, que unha vez expostos no concello estes foron rechazados.
Solicitamos da federación a divulgación desta cancelación, para que poidendo ser, sexa o mas efectiva posible a hora da cancelacion das inscripcions das embarcacións neste evento.











Hoxe acerqueime a Combarro
Hoxe acerqueime a Combarro co motivo da Festa do Mar. Acerqueime sen embarcación, moi ao meu pesar. Vin algún que outro barco navegando pero as ausencias eran notables. Hoxe tamén vin nesta web o comunicado da "Reiboa" falando duns condicionantes, pois ben, a min gustariame coñecer eses condicionantes, sobre todo, por responder a persoas que me preguntaron se ía ir a Combarro ás que lle respondín que non e sin darlle explicación. Supoño que non teño que darlle explicacións a nadie, pero a min gustariame coñecelas. Penso que se se utiliza esta web para anunciar a divulgación de cancelación dun evento, pois que tamén se utilizara para explicar os motivos.
Graciñas.
Eu tamén fun a Combarro sin
Eu tamén fun a Combarro sin o meu barco, e a verdade é que a pesar de non coñecer eses condicionantes, se unha asociación da Federación desconvoca un evento facemos o correcto en non acudir.
O que queda claro son varias cousas:
-Os perxudicados somos sempre nós, xa que é unha data que se perde e unha ocasión menos para estarmos xuntos, para vernos e navegar.
-A pesar de sermos perxudicados hai que ter en conta que non se pode pretender manter un evento destes a calquer precio.
-O momento de desconvocar debería de ser con bastante máis antelación, máis que nada para que pudera servir como medida de presión e se puideran arranxar as cousas.
-A maneira de situar as carpas en Combarro non nos favorece ós barcos de ningunha das maneiras, xa que desde hai tres anos para aquí quedan os barcos escondidos e alí solo van os guiris a mexar.
Queda esperar que se arranxe o asunto e poidamos volver a Combarro o ano que ven.
Saúde.