Participación en Brest

¿Que pasa coa participación galega en Brest? Tiña que haber información eiquí para que non seña cousa solo de catro enterados.

Home, digo eu que na FGCMF

Home, digo eu que na FGCMF xa fan un traballo máis que loable coa información que se pon a disposición nesta páxina (non esquezamos que voluntariamente) como para andar con esixencias.
En todo caso a quen habería que lle demandar información é a Consellería de Cultura, que a través da páxina http://www.nabeira.org/ vai colgando cousas de Brest 2008 -non moitas, iso é certo-.

A información sobre a

A información sobre a presenza galega en Brest será posta neste web conforme se vaian confirmando os datos, para non crear falsas expectativas.
Respecto da información de uso interno, enviase aos colectivos da FGCMF de forma regular, polo que calquer persoa pode contactar co seu colectivo para estar informada.
Como ben di Hugo haberá unha páxina adicada específicamente a informar sobre este evento, de forma pública, e que recollerá a información completa de toda a expedición, non so a relacionada directamente coa FGCMF.

INFORMACIÓN SOBRE

INFORMACIÓN SOBRE BREST08.
Puntualmente a Xunta Directuva da FGCMF. está remitindo polo metodo xa coñecido do correo electronico a información CONFIRMADA, que ainda as veces ten voltas, a que ten acceso, é laboura das asociacións transmitir os seus asociados as noticias sobre o tema, toda vez que esta paxina e de público acceso e estas noticias son de caracter interno na relación entre a FGCMF e os seus asociados.

De todolos xeitos tampoco foi nunca politica da X.D. o non respostar os Email de particulares que solicitaban información concreta senon todo o contrario, pero non a traves de WEB, non fai ese cometido.

De tódolos xeitos insisto, son as asociacións as que informan os asociados que teñen, reclamade información na vosa asociación porque os correos estanse enviando cada vez que hai unha nova ou cumpre que saibades algo.

Saúdos
F. Piñeiro

pareceme moi ben que o sr.

pareceme moi ben que o sr. presidente garde as informacións internas da Federación,pero haber cando os que non estan organizados poden acceder os videos de Ferrol e Brest, xa que levabamos o "noso" reporteiro

O video de Brest foi

O video de Brest foi distribuido aos colectivos presentes na pasada asamblea, e volverase a distribuir ás restantes na vindeira asamblea do día 21 de marzo.
Non podemos facer unha copia para cada persoa que foi a Brest polo que se alguén ten interese pode contactar coa súa asociación.
Respecto do acceso por parte de persoas non asociadas, intentaremos subir á Rede senon todo polo menos partes significativas.

O mestre

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.