Botadura do Barco da Memoria.
O luns día 17 de xullo, cun sol de xustiza, 33 graos e vento “a plomo”, tivo lugar no porto de Tragove (Cambados) a inauguración do Barco da Memoria. Na súa ampla bodega leva os catorce paneis da exposición “Os mártires do mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos” de Dionisio Pereira.
O Hidria Segundo estivo repleto de convidados e medios de comunicación, que non se quixeron perder o momento inicial desta nova andadura. Para o acto de inauguración interviron: Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte que falou sobre a importancia desta iniciativa, Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural que fixo as veces de presentador do evento, Dionisio Pereira, en calidade de Coordinador do Proxecto e Comisario da Exposición falou sobre a realidade galega no 36 e resaltou que os represaliados forono básicamente “por ostentar ideas para unha vida mellor” e por ultimo Manolo Rivas leu o manifesto do Barco da Memoria.
A continuación na Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados tivo lugar o acto de homenaxe á memoria de Antonio Chaves del Río, o último presidente do pósito cambadés antes do golpe militar franquista, que foi paseado sen que aparecera máis o seu corpo. Nel interviron entre outros Benito González, Patrón Maior de Cambados e Luís Rei do Grupo Etnográfico Mascato, nun acto sentido e ameno que rematou coa lista de represaliados de Cambados e a descuberta de unha foto de Chaves del Río que pasará a formar parte da Cofradía.
De hoxe en diante e ata o 6 de septembro ó Hidria quédanlle 17 portos nos que recalar.











Comentarios recentes
hai 6 días 23 horas
hai 1 semana 19 horas
hai 1 semana 23 horas
hai 1 semana 6 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días
hai semanas 5 días
hai semanas 1 día
hai semanas 2 días
hai semanas 22 horas