Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Patente

Ola a todos: Ando a recuperar unha dorna de nove e media con idea de tela fondedada ou amarrada; así que se me plantexa a cuestión da patente, que me resulta completamente allea e novidosa. A ver se alguén me bota unha man. Teño oido que a patente é moi agresiva, e machaca a clavazón; pero tamén teño oido que hoxe en dia hai moitos tipos de patentes; algunhas máis axeitadaas que otras. Eu ándolle a dar alquitrán por tod0 (tíñana seca á pobre) e penso en darlle a patente directamente por riba. Non sei se hai patentes máis ou menos compatibles co alquitrán. Tamén estendo que a madeira ten que respirar. Non sei se hai patentes que fagan capa estanca ou de poro aberto... non sei nada. E por último a cuestión da estética tradicional. Gustaríame que a dorna conservara a sua tradicional obra viva en color branco-crema-marfil. Non sei se hai patentes destas cores. Tampouco sei nada de marcas.
A ver: comités de sabios e expertos individáis. ¿Quén me da unha orientación? Penso que o tema pode ser de interés para moitos...
Unha aperta. Suso da Moura


A miña experiencia co

A miña experiencia co patente voucha contar, logo ti fai o que vexas.
Eu tivenlle un ano o patente Titán Yate, autopulimentante, é desir, gástase co rozamento co mar, e así non colle verdin nin barbas, eso si, cando a varas e lle das un escobaso marcha o patente polo varadero abaixo. Este patente haino segun velocidades.
Logo cambiei para o Hempel Hard Race 3000, patente fixo ("de oxido"), é unha pasada, bueno bueno bueno. parese que lle das poliester, é bastante duro e non se ajarra tan facilemente a rela. o problema é que ñe aljo caro.
A ultima vez deille pintura porque a maioría do tempo pasano en terra por obra e gracia de portos, e a pintura para iso está moi ben, pero para eso, tela varada.


Ola Suso: vexo

Ola Suso:
vexo que somos mais de un os que nos preocupamos e que lle dar.
Coincido co anterior, que dí que primeiro dou o desgastable e despois un de matriz dura para acabar na Titalux.

A min pasoume parecido, si a dorna esta parada no mar, un de matriz dura, Titan, Hempel, da igual, o desgastable (autopulimentable), para estar nun galpón, non me parece axeitado e despois o tema que de "ecoloxico non sei ..." pasaslle a man , e queda a mitade nela.
Si vai a estar fondeada patente de matriz dura, hard racing .... ou así.

Por certo, como fixeches coas fendas, tiñas moitas?
Que solución tes, porque algunhs estamos algo perdidos ante as fendas de 0,5 a 1 cm. que habelas hainas.
por certo eu non lle daría o patente directo sobre a madeira, antes daríalle unha imprimación, .... pero si xa lle deches a todo alquitrán. ...

Sorte


Ola Sorro, gracias a todos

Ola Sorro, gracias a todos polos comentarios e o consello que ven coincidir. ¿E estas patentes Hard Racing con imprimacións por debaixio deixan respirar a madeira? Eu temo que se lle meta humidade (de chuvia) por dentro e, se a cousa é moi impermeable, non poda sair e a madeira podreza. ¿Tedes constancia de algo así?
Respecto das fendas non teño ningunha tan grande. Téñoas de dous ou tres milímetros, moi limpas, e penso que han pechar cando bote a dorna ao mar e hinche. Se non, para min a solución e botarlle brea, que é compatible co alquitran e ten unha certa capacidade de adpatarse á madeira. Esas fendas mais abertas que dis tí, se non pechan co mar, igual convén enchelas con serrin con cola. Podes usar cola epoxi ou de poliuretano; pero sempre en fendas ou faltas que saibas que non van cerrar ao hinchar a madeira, porque estes "parches" fan un corpo moi ríxido e se a madeira hincha e dilata non ten para onde ir e pode abrir por outro lado.
Xa me contarás...


Non tes problema de

Non tes problema de humidades, si está ben dada, eu teño experiencia e sin problema, ademais si está ben dada agarrase a madeira e nin pa dios sae. Pero claro, non debería ter alquitran.
Agora polo patente sen problema, é o que hai.

Sorte.


Con respecto ao que comentas

Con respecto ao que comentas da humidade, vouche por outro caso veridico que sufrin nas miñas propias tablas.
Tiven un timon de dorna que estaba ao natural, sin pintar, solo co "mejunje", pois ese timon ao pasar o veran enriba da dorna descanastrabase vivo, abria, pandeaba, un desastre, pois ben, ao cambiar pintei o timon do novo barco e santo remedio, a madeira sufre moito menos porque a pintura ten doble efecto, retén a humidade no interior e protexe do sol directo,
Supoño que no tema do casco as tablas ainda teñen a cara interior para respirar.
saúdos


Barnis ou negra? Non sei si

Barnis ou negra?
Non sei si é unha apreciación miña por eso pregunto:
pode ser que has dornas barnisadas recollan menos fendas que as que van de negro, simplemente polo efecto reflectante ou ¿? do barniz, E porcerto de acordo co de pintado meior.

Bikos.


Gracias outra vez a todo

Gracias outra vez a todo polos voosos comentarios.
Tomo nota do bo comportamento da patente, e efectivamente eu tamen penso que ao ir as tboas por dentro só co alquitran respiran por ahí.
A pintura está moi ben para a parte exterrio do casco. Protexe a madeira do sol, da erosión do mar, das rozaduras con pedras mesmo dos golpes pequenos. Pero se das pintura tamén por dentro a madeira podrece. Por dentro alquitrán.
Respectoa ao do timón eu tamén o levo pintado.
A duda de se con pintura negra a dorna colle máis fendas que con barnís é difícil de contestar. A dorna colle fendas por estar ao sol, pola calidade e beta da táboa, e cousas así. É certo que o color negro absorve todas as radiacions solares, no felexa ningúin color, por eso é negro. No punto contrario está o branco, que os reflexa todos. Por eso as embarcacións no mediterraneo son blancas, para coller o menos sol posible. OS barnices e lasures modernos traen incorporados filtros de raios ultravioleta y proteccións diversas para o sol, pero eu non teño sufiente experiencia para decir canto pode aguantar unha cuberta barnizada nunha dorna fondeada ou varada na rampa. As pintadas polos mariñeiros, ahí están...


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

028

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos