
En Ferrol acaba de empezar a construcción do Bote de Pao. Vai ser unha réplica exacta do Pajarito, un bote pulpeiro da Ría de Ferrol contruido en 1907 e que goza de boa saude como podedes ver na foto de arriba, sacada no momento de botalo ao mar en Santomé para participar no VII Encontro, en Cambados.
Ademais da boa noticia da construcción dun novo barco, hai outra boa noticia, e é que Mini, o propietario do Pajarito e promotor da nova construcción, coa colaboración duns compañeiros, acaba de abrir unha web onde poderemos seguir o nacemento do Bote de Pao.
Parabéns por ambas iniciativas.


Ben vida sexa ! Ora que se
Ben vida sexa ! Ora que se poñemos as cousas en bó galego sería un bote polbeiro e non " pulpeiro ".
Aquí entre nós haiche gran diferencia entre botar un " siscallo " da de botar un polbo... Non vos é a mesma cousa !