Hola, foro:
Somos un par de colegas, un arquitecto e outro escultor...ademáis os dous carpinteiros( non de ribeira)
O caso e que hai xa uns meses qeu empezamos a proxectar construir unha dorna de oito ou nove cuartas de quilla.
Tratamos de investigar en publicacións o proceso de construcción pero non atopamas nada que nos guíe, algo coma o método de medio casco e caixa de cadernas ou por rixidiera para as embarcacións construidas a tope(refírome ó excelente libro sobre o bote polbeiro publicado pola Xunta).
Parécenos que o mellor sería ter plantillas de varengas e madeiros, así coma das cinco taboas do casco.
Non sabemos se hai algunha asociación cultural ou constructor afeizoado que as poida ceder, estariamos salvados.
No último caso, de non conseguir as plantillas poderiamos aplantillar as pezas de unha dorna xa feita, pero seríanos de gran axuda se alguén nos indicase mais ou menos o tamaño necesario das cinco táboas necesarias para o casco (unha indicación de longo e ancho no caso de seren pezas rectas, para encargalas con tempo nun serradoiro de confianza e poñer a madeira a secar).
Moi agradecido de antemán, seríanos de grande utilidade calquera información que nos poidades facilitar.
Tamén se agradecen todo tipo de consellos e comentarios sobre a construcción.
Un saúdo. Carlos e Fran- Pontevedra


Ola Carlos e Fran: Estan
Ola Carlos e Fran:
Estan editadas algunhas puplicaciós sobre a construcción de dornas, unha que me lembro é "As ultimas dornas de Aguiño" ou algo así non recordo exactamente si e este o titulo, e outra e na biblia das embarcacions tracicionais de Moorling "As embarcacións tradicionais de Galicia" aínda que este está esgotado, quizais volo pode deixar alguen que o teña. Neste libro esiste un plano sobre as dornas de escarba. En canto as medidas das táboas podedes pasarvos pola Illa de Arousa e en calquera praia do de estean dornas podedes medilas(pode ser o cabodeiro,e tamen ali existe un carpinteiro que construe dornas chamado "Monchito" que tamé lle podedes preguntar algo a él).
Un saúdo e sorte