Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Evolución ><Tradicion

Quero facer unha dorna de Tope, como as do desafio A Tope, a embarcación gustame.

Pero que pasaría si levara cangrexa?
Que pasaría si se contruira alistonada ?.
E si levara tambucho, como os galeóns?.

Pode ser o futuro dos novos usos?
Agradecense as opinións.

Saúde


Por min como se lle pos

Por min como se lle pos embellecedores.
Como din en Piratas do Caribe: O código non é unha lei, son unhas directrices.
O conto é navegar e pasalo ben.


Pode ser un bonito barco,

Pode ser un bonito barco, dificil chamarlle dorna, pero tamén existiron as dornas nai.


En todo caso seria mellor

En todo caso seria mellor que fixeras unha dorna nai nestes momentos xa se fala dunha nova lista de barcos tradicionais e miraran cales de verdade representan a cada cal.


Non entendo por qué é

Non entendo por qué é dificil chamarlle dorna de tope, no Grove quedan dúas e teñen cabina para o motor intraborda, chamémosllo cámara, en canto ao metodo de construción de facela alistonada non lle vexo inconvintes, segue sento a tope e o casco conserva as formas, e se ten cangrexa é máis que nada funcional para ser manexada en solitario, ou os galeóns con que vela andan? non sabiades que tamén houbo galeóns con vela de relinga que logo aparellaron cagrexa pola sinxeleza na manobra?
Penso que se alguén hoxendía opta e decide a facer unha "dorna de tope" a título particular para o seu ocio ou para o que sexa é sempre unha boa noticia, porque ao mellor sale máis cómodo, máis rápido e mais barato mercar unha lancha de fibra.
En fin, que eu xa teño ganas de ver esa dorna en algún dos nosos encontros, como non, benvido a bordo.
Sáudos:
Lino


Teño encargado algo así en

Teño encargado algo así en Astilleros Garrido: alistonada, con cangrexa pola facilidade de manexo e con toda unha serie de "melloras" adaptada á realidade actual e ,ademáis, voume a deixar levar polo que me diga Pepe Garrido. Entendo, sendo profano nesta cuestión, que a construcción das dornas co sistema de, creo recordar, cinco taboas é pola facilidade de construcción dos tempos nos que era máis doado construir con taboas ou a tope ou en tingladillo. Pero tamén creo, e se non é así corrixídeme, que este xeito de construcción ten que evolucionar e adaptarse ás melloras e aos avances producidos ata hoxe. Creo que o valor da dorna é o seu deseño como herdeira das embarcacións escandinavas. Ou sexa: así construida será unha dorna...actual. Evidentemente: ¿e por qué non construíla en poliéster e así sería máis actual? Pois, no meu caso, e sin saber nada de nada da diferencia entre unha e outra, creo que un barco de madeira é algo máis noble e, seguramente, máis duradeiro. Ademáis a cuestión da madeira é igual de actual. Pero a min o que me importa é o deseño galego, endémico, de aquí. E, por suposto, espero que resulte interesante e que se abra unha liña nova de traballo porque me parece que non teño por que renunciar ás comodidades dos avances técnicos, afirmando unha tradición.


En Cambados temos

En Cambados temos probablemente a única dorna de tope (integra) que traballou como mariñeira na nosa Ría. Ademais como as do desafio a tope ten todalas taboas da quilla, non como outras que sendo dornas de tope, perderon 2 taboas para poñerlle o motor, e o leme, é o leme dunha dorna.
Esta dorna a "Airexa" bonita como ela sola, navega feita unha centella con vento duro, tiñades que vela no encontro de Cambados, ou no de Ribeira ou ... sempre estivo con nos. E segue a aparellar con cangrexa logo de mais de 30 anos, recuperada por Tito Silva, hoxe nas mans dos seus sobriños.
Tamén vexo fotos das Dornas que en Vilagarcía se usaron para lecer e formaban unha bonita flota e se coñeceron por "clase nai" a estas substituironas os iates de fibra (polo menos en Vilagarcía). Aparellaban con cangrexa.
O meior o construir alistonado tamén e algo ecoloxico (non o sei) e do que si estou seguro é de que si sae ben e a dorna responde como pode responder sería unha alternativa mais para a nosa carpintería de ribeira.

Seguirá sendo unha dorna, non será unha dorna para andar o mar a pescar con aparellos, pero na miña opinión , dorna será.

E o meior temos que felicitarnos porque xurde unha nova raza de embarcacións que baseadas nas liñas das nosas embarcacións tradicionais e sin perdelas orixens ofrece a alternativa os novos usos nos novos tempos.

Por suposto non será identica a unha dorna que andaba a pescar na nosa Arousa nos anos ... 40 en moitas cousas. pero ..... noutras sí.

Saúde e mar
Fernando Piñeiro


E por certo eres ben

E por certo eres ben valente, porque che poden decir moitas cousas. Espero atoparte como dí Lino polos nosos Encontros.
Saúde
Fernando Piñeiro


Se por ben é este armador

Se por ben é este armador ha de estar con nós en máis de unha ocasión, xa que é un Amigo da Dorna Meca, polo que espero que pronto naveguemos xuntos.
Saúde:
Lino


Por aí andarei...cun pouco

Por aí andarei...cun pouco de axuda.


Seria interesante que

Seria interesante que alguén puxese fotos doutras dornas con vela cangrexa, ou das dornas nai. Thanks.


Se alguén dispón de fotos

Se alguén dispón de fotos das dornas nai e quere compartilas que por favor contacte conosco mediante o formulario de contacto. É un tema do que hai pouca documentación e agradecemos calquer aportación.


Ola mariñeiros. Eu tamén

Ola mariñeiros. Eu tamén comparto a postura de Lino e Fernando. Claro que será dorna, e ben bonita se cha fai Garrido. Ánimo co proxecto que ademáis de facer unha chulada de embarcación para tí, das un paso para todos. Igual abres un bo camiño. O que fai falla son armadores particulares coma tí que permitan aos bos carpinteiros experimentar e desenvolver as técnicas novas de traballo da madeira nas nosas embarcacións de sempre. Mesmo chegar a modelos "comerciales" que representen unha alternativa ecolóxica e tradicional para un público amplo que desexe unha embarcación de recreo valore a identidade, a inspiración tradicional, a calidade e a autenticidade. Quén me dera ver os pantaláns cheos de dornas de tope con aparello de cangrexa! E ademáis: unha cousa, non quita a outra.
E falando de dornas de tope sen modificar para motor: Hai dez dias quiteille unha foto a una pequena marabilla. A ver se consigo mandárvola.


Hai que ter en conta que os

Hai que ter en conta que os mallorquies xa fixeron algo parecido cos seus llauds e vense os portos deportivos cheos deles a carón de iates de fibra. Aquí poderái pasar o mesmo coas dornas pero fai falta dar ese paso de adaptación á actualidade. paréceme que unha dorna tradicional non ten sentido construíla nova cos materiais de fai 300 anos. Outra cousa é a recuperación dos modelos ou a reconstrucción dalgunhas senlleiras. Ánimo coa idea e a ver se nos ides informando de como vai todo. Boto de menos que algún purista denigre a idea, para contrastar opinións


Pois ahí teño que levarche

Pois ahí teño que levarche a contraria, se che valgo de purista eu. Poque tal como dixen antes, unha cousa non quita a outra. A dorna de calime con tabla de pino, inda que teña 300 anos ou 500, segue sendo perfectamente actual, practica e competitiva; fundamentalmente en esloras pequenas. A sua construccion tradicional, perfectamente viva e activa, é en sí un patrimonio que non podemos perder e, polo camiño que vamos, non perderemos. Ahí están as regatas de dornas amosando a vixencia e vitalidade da embarcación. Pero, non me cansaréi de repetilo, unha cousa non quita a outra, e unha dorna de tope de construcción moderna, dunha certa eslora e aparello de balandro pode representar unha magnífica opción para un público máis amplo; como fixeron catláns e maiorquines; inda que eles pasáronse á fibra. Nos temos madeira, carpinterías de reibeira e excelentes profesionales en activo. Penso que o nos futuro está na constructución de calidade en madeira, como os paises nórdicos, con técnicas tradicionáis para uns e con técnicas modernas un público máis amplo...


Comparto opinión, con Suso,

Comparto opinión, con Suso, unha cousa é unha cousa e outra perdernos. Hai embarcacións susceptibles de ser adaptadas os novos usos dun xeito razoable de avance tecnoloxico sin que perdán moito, agora ben. Como se pode evolucionar unha dorna polbeira?. Xa o queixeron facer (de poliester) e non duraron nada, foron un fracaso.

Poderanse "evolucionar" aquelas susceptibles de admitir a evolución sin a perda da esencia pero outras nin de broma.
Fernando


Pois a min pareceme que para

Pois a min pareceme que para facer un"velerito", a técnica actual permite facelos con moita maior capacidade e navegabilidade; incluso no aspecto estético non deixa de ser algo chocante. Unha dorna é unha dorna. eso non sei o que será.


Para que facer un casco de

Para que facer un casco de dorna, e non un casco clásico anos 20 ou un casco actual?
Polo bonito que é?
Porque navega mellor nas Rías?


Pois si: E non so navega

Pois si: E non so navega mellor "nas" Rías, senón que non se pode deixar de lado que a dorna meca ten como característica que foi pensada para sair fóra das Rías. Hai un traballo de M. Parada, que se pode baixar nesta páxina, que o explica moi ben.

O que non entendo é por qué razón se o deseño é bo, se é "bonito", se navega ben, por qué razón non é "popular", nin o teñen en conta os modernos deseñadores de veleiros. Será porque nesto, tamén, somos periferia?

Pois xa está ben!


Efectivamente, penso que é

Efectivamente, penso que é unh casco "bonito" e que navega ben nas Rías. pero tamén hai que pensar que a dorna meca está feita para navegar fóra das Rías ( ver o artigo de M. Parada en http://www.culturamaritima.org/files/revista-grove-1997.pdf) O que ocorre é que non entendo por qué sendo eso así os deseñadores actuais de "veleritos" non tomaron nada da dorna, aínda que seguro que é porque seguimos a ser periferia ¿ou non?


Perdón: repetin o

Perdón: repetin o comentario


un pouco de respeto para os

un pouco de respeto para os barcos. Non son dornitas, nin pailebotitos, nin patachitos e tampouco veleritos. Son barcos, e entre eles respétanse. A ver se aprendemos e facer o mesmo as xentes do mar.


As dornas da clase nai non

As dornas da clase nai non foron as unicas en aparellar vela cangrexa.
En Pontecesures habia dornas de tope que usaron este aparello con un foque e sen botavara coma os galeóns.
No libro de Morling sae unha foto da Dolores, polo pao e os obenques vese claramente que arbolaba unha cangrexa.


Si, había dornas con

Si, había dornas con aparello de vela caranguexa aparte da clase " Nai " que era de carácter inequívocamente deportiva e fomentada polo gusto dos clubes náuticos deportivos.
Pero tamén chegou a habelas con aparello de vela guaira en Beluso ( Bueu ) . Este caso aínda era máis minoritario cós anteriores e só coñezo un par de documentos gráficos que así nolo mostran.
Como vedes hai diversas variantes pero o aparello vélico predominantemente usado era o da vela de cuadro. O que se sempre se promocionou maioritariamente desde a resurrección da dorna.
Saúdos


As dornas nai cómo estaban

As dornas nai cómo estaban construídas: a tope, en tingladillo?. Ou so se chamaban así por seren grandes?


Creo que eran en

Creo que eran en "tingladillo ". A idea de crear esta clase deportiva aproveitando o casco da dorna ( que non o aparello polo aquel de darlle un aire máis "deportivo " ) parece que foi de Cordal Carús no clube náutico de Vilagarcía: Nos anos 50. Tiveron éxito na época e de feito habíaas noutras rías e noutros clubes. Cheguei a ler que tamén as había entre as embarcacións deportivas da Escola Naval Militar de Marín. Mörling aínda acorda velas no galpón. E logo veulles a etapa de pasaren de moda ata case desaparecer de todo... Hoxe o renacemento da dorna veu da man da clásica dorna polbeira e similares na Arousa pero xa non co carácter deportivo de antes. Pero iso é xa outra historia que dirían os personaxes de certo filme de Billy Wilder.


A dorna que teño encargada

A dorna que teño encargada non é, propiamente, unha dorna nai. Vai co patrón da dorna meca que se ten feito ata con máis de 18 cuartas a xeito tradicional; polo tanto entendo que non é unha innovación en tamaño; nin en forma, porque me parece que as hai a tope e en tingladillo ainda que non creo que estean feitas alistonadas.
Sin embargo penso que facela coas comodidaes actuais nunha eslora duns 8 m., autovaciante, con materiais que evitan unha atención diaria, dotada de electrónica e motor intraborda, é, polo menos, interesante. Espero que sea , como dí Fernando, ben bonita. Pero creo que hai que facela porque as dornas non poden ser pezas de museo. Os llauds tamén foron recuperados e, incluso, aumentados en tamaño e, por exemplo, o porto de Mallorca está cheo deles construídos con técnicas e comodidades de hoxe.


Mirar na Voz de

Mirar na Voz de Galicia

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/06/13/612687.shtml

Referencia interesante


Interesante este extracto de

Interesante este extracto de La Voz, sección de Arousa, do día 13/06/2001.

Teño varias preguntas:
-Dise que a Federación de Vela recoñeceu á dorna nai, primero con ámbito "regional" y luego "nacional": ¿Qué significa esto? ¿Significa que hai ou pode haber unha competición oficial de dornas nai ou que poden competir nas regatas como un tipo de barco determinado?
-Dixéronme que no porto de Ribeira -eu non a vin- hai unha dorna chamada Nai: ¿Será esta a dos irmáns Cordal Carús, ou non?
-

AROUSAApogeo de la dorna y premio Virgen del Carmen

Pronto empieza a decantarse la vela como la principal actividad deportiva del Club de Mar al tomar auge como embarcación deportiva la dorna y ser reconocida por la Federación Nacional de Vela en el año 1952, primero con ámbito regional y luego con ámbito nacional, la clase Nai, llamada así porque la dorna número 1, propiedad de los hermanos cordal Carús, tenía esa denominación. Ello provocó que se construyesen bastantes embarcaciones de este tipo, pudiendo afirmarse que entre 1952 y 1962 la práctica del deporte de la vela en Vilagarcía se realiza exclusivamente en dorna.

Durante este período se organizan numerosas regatas, de ámbito local (realizando el clásico triángulo Vilagarcía-Carril-Ferrazo, travesías a la ría (Rianxo, A Illa Pobra, Ribeira) así como travesías a Marín y a Vigo, destacando la travesía a Vigo, disputado en agosto de 1958 -año de máxima participación y apogeo de las dornas- que puso en serio peligro a toda la flota participante, debido al fuerte temporal reinante. A partir de 1954, esta regatas fueron organizadas junto con el Real Club de Regatas de Galicia, que también tenía una flota de dornas.

El fruto de toda esta actividad fue la concesión, en el año 1959, del Premio Virgen del Carmen, máximo galardón náutico existente por entonces, con premio en metálico de 50.000 pesetas.

Tras la celebración en Vilagarcía en el verano de 1961 de los campeonatos nacionales y regionales de la clase Nai y de la celebración, en el año 1962, de la Semana Internacional de Vela de Marín, las dornas empiezan a decaer dejándose de celebrar regatas a mediados de la década de los sesenta, produciéndose, en consecuencia, un descenso en la actividad de la vela sólo mitigado por la creación de una pequeña flotilla de snipes , flotilla encabezada por, quizá, el mejor regatista que dio el club en toda su historia, el vilagarciano Ignacio Rey, ya fallecido, patrón del Xouba y gran deportista, ya que también destacó en su condición de baloncestista.


As dornas nai estaban

As dornas nai estaban construidas en tingladillo, as primeiras foron dornas de traballo que se modificaron e despois construianse no asteleiro de Pumariño en Vilagarcia.
A gran maioria arbolaron con cangrexa e nos ultimos anos de regatas houbo algunha con vela marconi.
A "Nai" foi a primeira dorna que se modificou e a que despois dou o nome a este tipo de dornas.
A maioria dos mariñeros (que eran os verdadeiros patróns) destas dornas eran de Carril e de Vilaxoan, en Carril ainda vive algun destes mariñeiros e un ebanista que fixo traballos nos interiores destas dornas.


O de "ben bonita" díxeno

O de "ben bonita" díxeno eu, e cada vez que amplías información me afirmo máis. Mesmo me está empezando a interesar o tema... ¿cómo pensas distribuir o interior?¿Levará instalación eéctrica e ecirucito de agua? ¿Número de literas? e sobre todo: é autoadrizante? Igual lle empezan a sair xemelgas...
Se queres podemos contactar a través do e.mail, e me contas: cadaveira@avogacia.org
Ánimo e adiante


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

Nau 4

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos