Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

A FGCMF na I Xornada sobre iniciativas para a recuperación e divulgación do patrimonio marítimo galego

|

O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a I Xornada sobre iniciativas para a recuperación e divulgación do patrimonio marítimo galego, organizadas polo CEIDA e o Concello de Oleiros, e co patrocinio das Consellerías de Medio Ambiente, Pesca e a Universidade da Coruña.

Na presentación e inauguración da xornada estiveron presentes todas as administracións e institucións organizadoras, e ao mesmo tempo que se desenvolvía esta actividade protocolaria Uxío Allo e Isidro Mariño aparellaban unha dorna polbeira na mesma porta do Castelo.

A xornada comezou coa ponencia “Unha ollada dende a historia ao noso patrimonio marítimo” a cargo de Luís Rei, do Grupo Etnográfico Mascato, na que nos deu un paseo pola historia do noso mar e a súa riqueza ó longo de diversas etapas.

Ao remate da intervención de Luís deu comenzo o Foro de experiencias. Alí tomaron a palabra parte das iniciativas que conforman ó panorama do patrimonio marítimo de dentro e fora da FGCMF. Por parte de Mar de Lira falou “Milucho” Louro e en representación de Mar de Laxe estivo Antonio Devesa, que presentaron os respectivos proxectos que involucran o turismo na vida mariñeira das súas vilas.

Alfredo Lopez da CEMMA, explicou cal é o traballo da Coordinadora no estudio e control dos cetáceos e mamíferos mariños, básicamente a bordo no Nauja. Do Nauja, do Masiques, dos outros barcos e da historia do Aquarium Galicia, de O Grove, disertou, con sotaque meco, Alfredo Fernández. O noso presidente, Fernando Piñeiro, espuxo como somos e o que facemos na Federación. Victoria Oubiña, mariscadora membro de Guimatur, falou (e encantou) arredor de cómo alternan o marisqueo coas rutas guiadas que fan para turistas e escolares mostrando o Cambados mariñeiro ó tempo que lles ensinan a diferenciar as cases de bivalbos, os métodos de cultivo e extracción, etc… Tamén causou moi boa impresión a intervención sobre talasonimia e microtoponimia de Xosé e Roberto, do Instituto de Estudios Miñoranos, os membros máis recentes da Federación. Rematou a mañá coa intervención do responsábel do Museo Massó, Roberto Aneiros, que abordou os proxectos de futuro do seu museu e as posiblidades de colaboracións cos entidades que traballan no ámbito da cultura marítima.

No xantar houbo foliada mariñeira a cargo dun grupo de gaiteiros , ós que non dubidaron en unirse varios comensais.

Pola tarde retomouse o foro con Francisco Franco del Amo, do Aquarium Finisterrae. Logo tomou a palabra Uxío Allo, da AC Dorna, para falar da Escola de Navegación Tradicional, da que fixo unha declaración de intencións e incluso lle sobrou tempo. A continuación Paulino Gasalla falou do traballo e proxectos de novo museo da Sociedade Galega de historia Natural. Lidia de la Fuente presentou un video sobre o barco bonitero-museo “Reina del Carmen” de Burela. Ana e Marta, dúas guias do Parque Nacional das Illas Atlánticas explicaron os programas de visitas ás Illas para escolares. E pechando o foro Pablo Carrera falou sobre o proxecto e a realidade do Museo do Mar de Galicia.

Despois dunha pequena pausa para un café deron comenzo as mesas de traballo. Que tiñeron como temas:

* Asignaturas pendentes na recuperación do patrimonio marítimo galego
* ¿Unha rede galega sobre iniciativas sobre o patrimonio marítimo galego?
* Novas oportunidades de desenvolvemento no sector servicios
* Conservar o noso mar para conservar a nosa identidade

Estamos á espera da edición das actas desta xornada, e asimismo de que teñan continuidade.


Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

  • Non hai eventos próximamente

Mostra de imaxes

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos