Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

BOTE DE MEDIA CONSTRUCCIÓN

Bos días chamome Fidel e dende fai 6 anos son aficionado o mundo das embarcacion tradicionais. Neste momento teño un bote,según o carpinteiro que o construiu é un balandro de media construccion do século XIX. Estes dias puiden ver por primeira vez nunha foto unha embarcación de liñas similares a miña salvando as distancias,(a forma dos pantoques rectos, contruccion a tope, a popa é máis cerradiña que a miña, e a cuberta é diferente penso que polo tipo de aparello). Se alguen puidese facilitarme iformación sobre este tipo de embarcacións s´ría de agradecer, neste momento so dispoño dun artículo da revista onde fala dun bote de media construcción.Adxunto unhas imaxes para que se poida ver o tipo de construccion.


A foto onde vin esa

A foto onde vin esa embarcación e a da portada dopdf do III encontro de embarcacions tradicionais de galicia- O Grove 1997.


POPA

POPAPOPA


NAVEGANDO

NAVEGANDONAVEGANDO


PANTOQUE

PANTOQUEPANTOQUE


ALZADO

ALZADOALZADO


estás bo! o que aparece na

estás bo! o que aparece na portada da revista do III Encontro é a dorna "A Meca", que é unha dorna xeiteira ou meca, feita a tingladillo por todo o casco,
ollo ó piollo


xa me queda claro que non é

xa me queda claro que non é a da fotografía, quen me dera, cada un ten o que alcanza. Xa sei que o meu bote non é unha dorna, pero a informacion da que dispoño de botes de media construccion tampouco se asemella moito as liñas do meu casco.Como na foto parecía que o forro do casco era liso pensei que quizas poidese existir algun tipo de dorna co forro do casco na obra viva a tope e cos pantoques rectos. Agora pido se alguen ten informacion sobre a media construccion xa que gustariame saber a historia desta embarcacion


Sin ánimo de ofender ningun

Sin ánimo de ofender ningun eh! non malinterpretar.
Na Illa de Arousa/Vilanova/Cambados hai unha embarcación que "encaixa" co teu barco, chámase a Parisina e está feita medio a tope media a tingladillo, é da asociación Calmoseira.
Saúde


Xa sei que non se queria

Xa sei que non se queria ofender, respondin asi porque o leer na mensaxe que era a dorna meca busquei fotos dela e xa podo ver que non se parece nada a miña nin no forro nin na forma da proa. Moi agradecido pola informacion tentarei buscar fotos desta embarcacion. Sabes onde podería atopalas, ten algunha paxina esta asociacion. Saudos e novamente gracias por respostar as miñas preguntas.


Ola a todos: Vexo que se

Ola a todos:
Vexo que se fala da Parisina e da Calmoseira: teñen unha web:
http://calmoseira.spaces.live.com/
ahi de seguro poderás porte en contacto con eles, incluso no listado de colectivos pode que teñas un teléfono para falar cos nosos amigos da ría.
Saudos:
Lino


Os botes de media

Os botes de media construcción, son orixinarios da Ria de Ferrol, parece ser que aparecen o redor do segundo cuarto do seculo xx. Segundo nos contou un carpinteiro de ribeira de Ares el coñeceu ó carpinteiro que comenzou a facelos.
Tedes información e planos deles no APUPO do 8/3/05, que podedes atopar nesta mesma páxina no apartado de PUBLICACIÓNS. Durante o VIII Encontro en Ferrol, construeuse unha embarcación destas, e hai fotos no apartado de ENCONTROS.

Si queredes mais información, facedemo saber e a busco.

un saúdo
Arturo


Gracias pola informacion con

Gracias pola informacion con esto xa me dou por satisfeito. Saudos


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

Naves-celtas

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos