Voluntarios e mariñeiros están a recibir recoñecemento e homenaxes pola súa actuación nos días do Prestige.
E é de xustiza facelo, pero eu creo que hai alguén que tivo un papel importante naqueles días e nada se está a dicir deles.
O Instituto Hidrográfico da Marinha Portuguesa forneceu un servizo impagabel. Cando non había a quen preguntar eles ofrecían respostas.
Non so cumpriron co seu deber con eficacia, tamén tiveron que aturar menosprecios e descalificacións inmerecidas porque todos puidemos ver como as súas prediccións se foron cumprindo.
Este país está en débeda co persoal do Hidrográfico, e especialmente co comandante Augusto Ezequiel, quen foi a cara visibel do Instituto naquela crise.
Se a Xunta non fai nada ao respecto, non estaría de mais que a FGCMF manifestase o recoñecemento, que eu creo que é de toda a xente do mar, ao traballo e profesionalidade do Hidrográfico.
Neptuno


Totalmente de acuerdo.
Totalmente de acuerdo. Dieron una lección de profesionalidad.