Os Encontros de Ferrol foron os millores que se fixeron, non solo en Galicia senón en total fora dos de Brest.
Saliron moi ben gracias a moitos pero sobre todo ao gran traballo dos do Club do Mar.
Agora alguns da federación andan a criticalos cando por outra parte miramos a eses criticos paseandose por Ferrol sin dar pancada e aos de alí currando tanto para acomodar tanto barco e dar comida a tanta xente.
Tamen o dos museos estubo moi ben.
Ademais houbo xente que escribeu aquí para cortar as criticas e lles censuraron o que decian.


Este foro naceu como un
Este foro naceu como un espacio de liberdade e así seguirá sendo mentras sexa posible. Respecto do que dis, anónimo, de que hai xente que critica aos organizadores de Ferrol solo podo falar por min, e eu non os critico (estaría ben que te identificaras e logo dixeras a quen te refieres).
Pero da última frase si teño algo que decir. O único motivo polo que se borraron mensaxes neste foro foi criticar a terceiras persoas sen terse identificado previamente ou porque simplemente insultaban a alguén.
Os insultos non están permitidos neste web en ningún caso. Calquer mensaxe que insulte claramente será borrada.
Repito, pódese dicir calquer cousa sempre que non se insulte e se identifique previamente.
Neste caso, como o aludido son eu, non teño ningún problema en que todo mundo vexa a túa opinión. Aquí non se censura.
Saudos
O Mestre