Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

WEB EN VARIOS IDIOMAS

Despois de descubrir a www.european-maritime-heritage.org, e dicir a Web da federación europea da patrimonio marítimo, e dedicarme a curiosear polos enlaces das diferentes asociacións de cultura mariñeira que existen en Europa, bótase en falta a redacción da Web da FGCM en Ingles, coa finalidade de que nos desemos a coñecer fora das nosas fronteiras, e permitir que xente doutras partes de Europa saiban do traballo que se está a realizar na nosa Terra.

Destacable neste sentido, e a web da asociación Albaola (www.albaola.com), que a teñen traducido ata en catro idiomas.

Finalmente felicitarvos, por esta web tanto polo seu contido como polo servizo que prestades o permitir pornos o día en cuestios de cultura maritima.

Un Saudo.
Manuel Barreiro


Estimado Manuel, a xente que

Estimado Manuel, a xente que levamos o web somos conscientes deste tema e estamos de acordo no que plantexas.

Fixemos probas cos sistemas de traducción automatica pero os resultados non son todo o bos que necesitamos e dado que a Federación non dispón de recursos para traducir os materiais do web, polo momento non vai ser posible. Se aparecese alguén disposto a botar unha man faríase inmediatamente.

Agora que ven o tempo de invernada, volveremos sobre o web para melloralo no posible, polo que agradecemos moito a túa opinión. Intentaremos que haxa materiais noutros idiomas, polo menos os que aporten unha visión de conxunto sobre as actividades da FGCMF.

Saudos

O mestre


O web da European Maritime

O web da European Maritime Heritage, está moi ben e todo iso, claro que si, pero a grandísima maioría dos que estamos movendo esta web (o 99,9%), e outras cousas relacionadas, temos o noso traballo (cando temos traballo)e facemos esto altruistamente, non somos profesionais nin moito menos, e por certo: a cota anual para as entidades que froman a E.M.H. é de 1000 e picos de euros, polo que supoño que terán todo subcontratado ou profesionalizado.
Con esto quere decir que os que estamos non somos so mellores nin somos suficientes, que o que queira saltar a bordo sempre é benvido.
As ideas poden ser boas pero sen persoal para levalas a cabo non se chega a ningún sitio.
Saúde a todos


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

remolque en Cadaques

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos