Organiza Asoc. Fasquía
NORMAS DE SEGURIDADE:
* A dorna debe levar a bordo, en estado de uso, chalecos para tódolos tripulantes en todo momento, e a organización da regata pode esixi-la súa utilización cando o considere necesario.
* É obrigatorio levar a bordo un rizón ou anclote cun peso mínimo de 5 Kg.e un cabo de 50m.
* É obrigatorio ter un seguro individual xestionado pola F.G.C.M.F. ou polo propio clube ó que pertence a dorna.
* É obrigatorio que a embarcación este dotada de suplementos que garanticen a flotabilidade en caso de dar volta.
* É obrigatorio que a vela teña o rizo de seguridade a 1.60 m do puño de amura na relinga, e a 1.35 m do puño da escota no sotavento.
OS DANOS DERIVADOS DO INCUNPRIMENTO DAS NORMAS SERÁN RESPONSABILIDADE DE CADA PARTICIPANTE.
A PARTICIPACIÓN EN ESTA REGATA OBRIGA A ACEPTACIÓN DAS NORMAS ANTERIORES.


A regata dará comezo as
A regata dará comezo as 16:00 horas, con saída dende o peirao do xufre, con un percorrido de unhas 8 millas a realizar en un triángulo que irá dende o propio peirao, ata o faro do xeixo, despois enfilar ata a boya de delimitación dos polígonos de bateas, e logo enfilar cara o peirao do xufre, tendo que dar 2 voltas a este percorrido.
A entrega de trofeos farase nos locais da asociación de mexilloeiros "Illa de Arousa", arredor das 20:30 horas, dependendo do que se tarde en acabar.