III Concentración de Embarcacións Tradicionais Ria de Muros

8 Xul 2006 00:00
9 Xul 2006 00:00

Organiza Asoc. Mar de Muros

Quero unicamente transmitir

Quero unicamente transmitir os meus parabéns @s organizadores desta concentración de embarcacións tradicionais.
Eu son de Esteiro, que queda a menos de 10 km de Muros, polo que case con total seguridade me achegarei ao peirao de Muros a admirar, igual que nas edicións anteriores, as xoias mariñeiras que concurran á cita.
Permitídeme facervos unha proposta en forma de pregunta:
Leín "Lanchas e Dornas" de Stafan Mörling e encantariame poder asistir a un acto público no que fale este noso especialista.
Non pode ser??

Mörling en Ribeira.

Mörling en Ribeira.

Nas Xornadas de Cultura Marítima de Ribeira vai participar nunha das mesas redondas o Profesor Mörling.

Ola a todos: O cartax das

Ola a todos:
O cartax das xornadas de cultura marítima de Ribeira está cojonudo, pero en quevan consistir esas xornadas? hai unha páxina web? hai un programa? hai un teléfono de información? hai inscrición?
Creo que o sentir xeral é que se agradecería unha pouca máis de información ó respecto.
Unha aperta:
Lino

Debaixo do cartel hai un

Debaixo do cartel hai un enlace ao programa. É un programa moi bo :-)

Xocas

Outros poderán contestarche

Outros poderán contestarche mellor, pero creo que Morling anda por Suecia.