Son xa moitos anos dende que un grupo de asociacións e de persoas amantes das embarcacións tradicionais e do deporte da navegación en dornas a vela idearon un regulamento para a práctica do deporte da navegación en dornas a vela.
Este regulamento foi visto con envexa por outras asociacións deportivas de características similares ás nosas, que notaron como, ó careceren dun regulamento parecido ó noso, as embarcacións tradicionais íanse deteriorando nunha especie de mestura entre unha embarcación tradicional e unha embarcación de alta competición moderna. Iso si, as devanditas embarcacións son moito máis veloces que as tradicionais, pero a cambio de cousas moi importantes:
1. Un elevado custo económico das novas embarcacións, xa que a maior inversión en “novas tecnoloxías” conseguíase unha maior velocidade na embarcación.
2. Desigualdades entre as distintas embarcacións, polo que xa non importa tanto a pericia dos regatistas como a velocidade da embarcación. Xa dende 1855 se adoptaron as primeiras normas de arqueo nos buques de regata para evitar este problema.
3. Comprometíase a seguridade en beneficio da velocidade da embarcación:
a. Utilizando materiais máis lixeiros e polo tanto menos resistentes
b. Prescindindo de elementos de seguridade activa do buque, tales como chalecos salvavidas, bombas de achique, rizóns, etc.
c. Minimizan os medios de seguridade pasiva, alixeirando ou prescindindo das cubertas, minimizando francobordos, etc.
d. Facendo velas máis grandes das usuais para as embarcacións
4. Pérdese a embarcación tradicional, xa que unha embarcación evolucionada ó longo de centos de anos para o traballo na mar, en todo tempo e estado da mar, convértese por mor dos puntos anteriores nunha embarcación onde prima por riba de todo a seguridade frente a velocidade.


Esquecín firmar o meu comentario
O autor do comentario "Necesidad dun regulamento para a práctica deportiva da navegación nas embarcacións tradicionais" é Nacho Jorganes do Lajareu por Barlovento. Sen máis, unha aperta a todos.