Máis formas de comunicar

Poida que faga falla aumentar as posibilidades de comunicación.

Como veriades un foro?

Eu non son moi partidario, porque non hai cousa mais triste que un foro con duas intervancions do moderador, e catro dos spammers.

Participación

É claro que o que necesita este web é un pouco máis de interacción e de participación dos visitantes do mesmo. O do foro pode ser unha boa proposta sempre que a xente o visite e estea disposta a participar.

Outra solución podería ser a de permitir ou alentar os comentarios na páxina principal.

Tamén poderíase estudiar o xeito de que as distintas asociacións da FGCMF puideran remitir os seus comunicados a través desta web.

Eu penso que a web está moi ben polo de agora. O único que falta e que os seus visitantes a poñan a funcionar dalgún xeito.

Jorganes

Participación

Gracias por participar :-)

É certo que case non hai comentarios, e non é porque non se poidan facer, da mais ben a impresión de que se ve como algo serio e non se comenta, ao contrario do que sucede nos blogs.

Na penultima asamblea dixose de facer blogs mais "enrollados", mais parecidos ao teu :-)

A idea de que as asociacións poñan directamente as suas noticias pode levarse adiante sen moito traballo, o unico que se necesita é compromiso por parte dalguén.

A ver que di a xente.

Mestre

Participación

Ola a todos:
Varias cousas:
-Para criticar hai xente, iso está claro, na asamblea pideuse axuda para levar o web e todo dios pasou del como de comer flores, somentes unha persoa de xeito tácito (que foi o que firma), propuxo ideas e se ofreceu para botar unha man.
-Polo de agora as asociacións que quixeron publicar algo no web non tiveron problema, e iso funciona. que se pode ampliar? por suposto pero temos que dar ideas e axudar un pouco á cruz entre todos. Todos sabemos como estámos as asociacións de persoal, así que non procuremos cargarlle o mochuelo do web a unha soa persoa e enriba que sexa adiviño para dar coa fórmula de que resulte ameno, formativo, participativo... todo á vez

O web é cousa de todos, e só precisa de un pouco de dedicación cada equis tempo.
Avante Forsa
Unha aperta

Lino Prieto
Amigos Dorna Meca

Nova Web

Básicamente non está mal. E mais está ben esta nosa W.
Agora si estaría ben un foro activo (e repito activo)pois de non existir actividade o problema non sería da W si non dos Webeiros.
Agora mesmo preciso comunicarlle as Asoc. Da Coruña que teñen aberto un prazo de axuda da Deputación da mesma.
Sería preciso o tablón de Noticias.
Do mesmo xeito que sería bon diferenciar o tema das regatas con información tal como plantexas.
Como imos facer un calendario accesible onde as variacións sexan reflectidas para informar. O calendario sería Axenda.
Tampouco estaría mal o da compra-venda ou sexa anuncios.

Saúde
Fernando. Cambados

foro

o do" moderador " entendoo + - ...pero o dos spammers....????? qué é eso ????

os spammers

a ver si falamos jallejo e mellor nos iria

os spammers

Xente que se dedica a comunicarnos a existencia de marabillosos produtos.
E tes razón, pero chamarlles propagandistas como que sona mal :-)

Mestre

Tes razón . O importante

Tes razón . O importante é falar raro para que pensen que sabemos moito ou que decimos algo interesante . Ademais ,deste xeito cerramos a participacion somente os " iniciados"... é os demais que estudien !!!!

Vale, a partir de agora chama

Vale, a partir de agora chamaremoslles cada un como queira menos spammers.
Solucionado. :-)

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.