Vento mareiro. Exposición

O vindeiro venres 11 de xaneiro ás 19:30 h vaise inaugurar a exposición Vento mareiro no Centro Comercial Arousa, en Vilagarcía. A exposición organizada conxuntamente polo Centro Comercial Arousa xunto coa FGCMF conta con varios barcos acompañados con paneis explicativos de cada tipoloxía. Poderanse ver unha dorna, un racú, unha buceta, un loro, un bote de Carril e dous faluchos.

A mostra estará aberta ata o 10 de febreiro e os sábados 2 e 9 de febreiro de 16:30 a 19:30 h haberá unha actividade dirixida ao público infantil para que se familiaricen coas especies da costa galega e os tamaños permitidos na pesca.

Estades errados, esta

Estades errados, esta exposiçom nom é em Vilagarcia, é em Villagarcia, no centro comercial Arosa, e a embarcaçom que sae no cartaz deve ser umha duerna

Tes que comprendelo, José. Os

Tes que comprendelo, José. Os cidadáns de Villagarcía non entenden ben o idioma "gallego". Aquí tes a proba nunha nova que sae hoxe na edición dixital de "La Voz de Galicia" http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/01/15/banda-vilagarcia-traduce-obra-gallego-castellano-entienda/0003_201301B15C11994.htm?idioma=galego

"A banda de Vilagarcía traduce unha obra do galego ao castelán «para que se entenda»
O director alega que quería adaptar a peza musical ao público do auditorio"

Como vedes, ahí está a proba de que ese idioma tan raro que falan nas aldeas, non o entenden na vila de Villagarcía.

Eu penso que será mellor que os vindeiros comunicados da FGCMF ó Concello de Vilagarcía, con motivo da débeda do Encontro, se deben facer en castelán, non vaia a ser ese o motivo de que esté parado o asunto, precísamente porque non entendan a lingua de Castelao.

Desde aqui un saludo para el

Desde aqui un saludo para el señor Jesus Nogal, director de la banda bilingüe de Villagarcia

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.