Ondas de irmandade II. Exposición
Esta aberta en Sada a exposición Ondas de irmandade II, que recolle a historia do asociacionismo mariñeiro de Sada no século XX. A exposición está organizada pola Confraría de pescadores de Sada, realizada pola produtora 8mares e pode verse na Casa da Cultura de Sada ata o 5 de xaneiro. Mañá 29 de decembro haberá ás 19:00 h a actuación do grupo Faltriqueira e a proxección dun documental sobre o tema da mostra.
A mostra recolle en varios paneis o nacemento do movemento asociativo dos mariñeiros sadenses a principios do século XX, coa aparición da asociación Vigilacia de la Ría, xunto con maquetas de barcos e aparellos da zona de Sada. Para facerse unha idea da amplitude e calidade da mostra pódese ver o video de abaixo que recolle a inauguración desta mesma exposición en Arteixo, coa intervención de Xavier Brisset, representante de 8mares.











Comentarios recentes
hai 2 días 14 horas
hai 3 días 12 horas
hai 4 días 4 horas
hai 4 días 11 horas
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 6 días
hai semanas 2 días
hai semanas 3 días
hai semanas 3 días
hai semanas 3 días