Scottish Fisheries Museum. O novo web do Museo da Pesca de Escocia

O Scottish Fisheries Museum ten novo web, e é unha pequena marabilla. O museo ten a súa sede en Anstruther, en Fife, no leste de Escocia. Anstruther é unha pequena vila que agora vive do turismo pero foi un importante porto pesqueiro.

No web do museo ademais da información de horarios, etc, podemos atopar unha serie de galerías fotográficas de diversos temas: unha colección de fotografía antiga; unha coleccion de pintura, unha colección de fotografía das navegacións dos barcos do museo; exposición permanente e temporais; e moitas outras de interese.

Especialmente interesante son as páxinas dedicadas ao Reaper, o buque insignia do museo. O Reaper é un fifie, un barco de pesca do arenque, construido en 1902, de 21,5 metros de eslora, e que arma duas velas ao terzo. E como se pode ver na foto de abaixo navega en todo tempo.

¡calma chicha...!

¡calma chicha...!

Mi mas sincera enhorabuen por

Mi mas sincera enhorabuen por tu blog.

Lo sigo a menudo y me gusta. Trabajo en Coruña y asi estoy informado de las noticias y de o que pasa en mi pueblo.

Gracias

PABLO

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.