DesPRESTIGE. Des-Concerto Expansivo en Ferrol

O vindeiro día 1 de decembro ás 22:00 h vai ter lugar no Bar Cazadores (r/ Magdalena) de Ferrol un dos actos do Des-Concerto Expansivo organizado por Burla negra.
O Desconcerto consta de varios actos simultaneos en toda Galicia para conmemorar o 10 aniversario do Prestige. A entrada é de balde. No caso de Ferrol o acto contará con:

Antón Varela, Gaiteiro
Fernando Naveiras "Fefi", Canción
Bernardo Máiz, Historiador
Guillermo Ferrandez, Poesía
Karlotty, Poesía
Manolo Bacallau, Canción
María Manoela, Canción
Marqués das Viñas, Canción
Roberto Grandal, Acordeón
Roger de Flor, Canción
Xosé Mª Dobarro, Filólogo

Asociacións:

Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe

de MANUEL ANTONIO SÓS Fomos

de MANUEL ANTONIO

SÓS

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós

Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte

Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe

Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura

N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito

Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.