Nace unha dorna xeiteira en Aguiño

No taller de Domingos Ayaso está posta a quilla da nova dorna de Lajareu por Barlovento. Pero esta dorna non é como as outras que xa ten Lajareu, é unha dorna xeiteira, un barco de 6,50 metros de eslora.

Esta é unha excelente noticia para todos, porque Ayaso segue a crear barcos fermosos e mariñeiros, porque Lajareu foi quen de afrontar este reto en tempos moi complicados, e porque isto significa que hai moitas persoas dispostas a traballar xuntas para que este barco saia ao mar, tanto no aspecto económico, como na manobra.

Un barco grande non é cousa de capricho, implica un compromiso económico considerable, pensemos que non so hai que construílo, hai que mantelo (rascar, pintura, cabos, velas, taxas, etc.) e implica que cando se queira saír ao mar precísase unha tripulación, non é cousa dunha persoa, hai que ter un equipo. E isto último é o que fai máis importante esta construción: hai tripulación.

Parabéns aos amigos de Lajareu por Barlovento, desexámoslles bo vento para o seu novo barco e que en xullo o vexamos no Freixo.

Moitas grazas mestre. Hai

Moitas grazas mestre. Hai tripulación e hai ilusión. Esparamos ter a dorna armada e navegando en Xullo e contribuir coa sua presenza a facer deste Encontro outro grande éxito colectivo.
Unha aperta

Grazas a vós! Vémonos no

Grazas a vós! Vémonos no Freixo

Parabéns a Lajareo e boa

Parabéns a Lajareo e boa saude o mestre Sr. Ayaso.

Moitas gracias Mariñeiro en

Moitas gracias Mariñeiro en Terra. Unha aperta

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.