
(Foto Joan Sol)
Abaixo transcribimos a nota de prensa que acabamos de recibir dos propietarios do Vapor Hidria II. Nela denuncian que a Consellería de Cultura e Portos de Galicia prescindiron da presencia do Hidria no programa de Portos Xacobeos, de forma unilateral, sen explicacións, e unha semana antes de empezar.
A presencia do Hidria fora anunciada na páxina de Portos Xacobeos, nas notas de prensa do Xacobeo, e nas notas de prensa da Consellería. Neste momento na páxina de Portos Xacobeos non aparece mención ao Hidria
Cando Portos ou a Consellería comuniquen as súas razóns daremos aquí noticia delas.
Nota de prensa:
A CONSELLERÍA DE CULTURA E PORTOS DE GALICIA APARTAN O HIDRIA II DO PROGRAMA PORTOS XACOBEOS
Unha semana antes da data prevista para a súa participación no programa, e sen explicacións
A Consellería de Cultura e Portos de Galicia veñen de prescindir do vapor Hidria II como escenario de distintas actividades do programa Portos Xacobeos, e fixérono sen mediar explicación, unha semana antes de que o Hidria II atracase en Pontevedra para iniciar a súa participación neste evento cultural.
A presencia do Hidria II no programa Portos Xacobeos estaba prevista desde o pasado mes de marzo, cando os representantes da Consellería de Cultura e de Portos de Galicia presentaron en rolda de prensa o programa, e dende entón estaba anunciada na páxina web do evento (portosxacobeos.es), coas localidades e as datas concretas nas que o Hidria II ía acoller diferentes concertos e exposicións.
A programación oficial de actividades non fai xa ningunha referencia ao Hidria II, e nela consta como “pendente” o lugar no que se celebrarán os actos que debía acoller o Hidria II nos portos de Pontevedra, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Fisterra, Muxía e Ribadeo, entre os meses de xuño e setembro.
Os armadores do Hidria II queremos deixar constancia do noso estupor por unha decisión unilateral, que nos colle totalmente de sorpresa, cando levamos varios meses traballando para cumprir a nosa previsión. En todo momento temos obrado con total honestidade e confiado na boa fe dos responsables de Portos de Galicia, sen ningunha constancia de motivo algún que impedira a nosa presencia no programa Portos Xacobeos.
Queremos denunciar, ademais, o grave prexuízo económico que nos causa esta repentina decisión. Por un lado, porque supón deixarnos sen unha actividade planificada para este verán, que requeríu acometer gastos, realizar contratos e negociar financiación. E por outro, porque a estas alturas do ano nos deixa practicamente sen capacidade de reacción para redirixir a actividade do barco durante o verán e salvar a tempada turística.
Sesé Otero e Xacobo Costas
Vapores del Atlántico, S.L.
Teléfono de contacto: 667 61 20 37





Como poden non dar
Como poden non dar explicacións? se é por algo normal que o expliquen porque senon calquera pensaría que é por putear ao Hidria
Se calhar a conselharia do
Se calhar a conselharia do analfabeto de "desván de los monjes" nom gosta do Hidria porque foi o barco da memória, e já se sabe que os criminais e os seus herdeiros políticos nom gostam de que se lembrem os seus crimes
Todo esto me fai pensar con
Todo esto me fai pensar con tristeza que en vez de servirnos a nos os politicos a quen votamos eles aproveitanse de nos. Me refiro por exemplo o proxecto Dorna que se presentou a bordo do Hidria nos encontros de Muros. A Consellería de Pesca e un dos socios do proxecto e agora una Ente adscrito a eles Portos de Galicia nos fai unha xogada, por non decir outra cousa, que nos deixa coa única opción de emigrar. Así calquera e socio. Non creo xa que ese proxecto nos sirva a nos, ó sector que de verdad quere vivir de esto e potoencialo. Soio sirve para que eles vivan do conto. Levamos 5 anos pedindolle atraque sin conseguilo polo que non podemos nin vender tickets os turistas que nos sacan fotos no muelle. O atraque en Vigo tamén nos acaban de decir que é imposible, me refiro a un sitio donde establecernos legalmente dunha vez por todas. Agora vamos ir a Lisboa a próxima semana para ver si alí nos queren. E a prensa solo publica o que pode, Jallegiños, eso é o que somos. Como podemos facer para cambiar esto.
É unha vergoña que teñades
É unha vergoña que teñades que buscar atraque en Lisboa. Visto o que hai, a ver si tedes sorte e o conseguides. Mellor en Lisboa que ter que vender o barco para o norte de Europa.
Tamén podedes probar a darlle unha man de poliester e cambiarlle o nome, a ver si así vos dan atraque aquí.
Penoso ver tanta pasta metida en aceras nos montes, en parques cheos de herba que ninguén usa, en sillas e cadros, en parvadas.
E unha ultima cousa, a prensa fai o que pode para sobrevivir, é certo que logo enchen a boca con grandes palabras pero somos moitos os que non comulgamos con rodas de muiño, non todos somos jallejiños.