puntas vellas en dorna

Hola a todos.
A miña consulta é porque teño unha dorna que ten máis de 25 anos e nunca lle fixen un repunteo, moitas me están rompendo e incluso cando lle dín a patente este ano na cabeza das antigas puntas saíulle unha especie de fungo, quisera saber se alguén me pode dicir como se fai, se hai que quitar as antigas puntas e cómo. Tamén, onde se poden mercar unhas con garantías porque xa comprara unhas galvanizadas en ferretería e oxidáronseme aos dous anos.
A ver se alguén me pode axudar antes de que un pantocazo desmonte o tingladillo...
Graciñas e saúdos de Javi.

No astillero de Garrido

No astillero de Garrido podes mercar clavos de cobre (non sei se puntas tamén), que son unha boa opción, para reclavar o mellor é que o consultes con un carpinteiro, pero direiche que é moi importante que teñas axuda para facerche contra polo interior do casco cando claves as novas

Moitas gracias pola axuda, é

Moitas gracias pola axuda, é unha boa opción a de achegarme ata os Garrido.
Graciñas.

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.