Con certo retraso iniciábanse onte as xornadas técnicas que baixo o epígrafe ¿Cara un novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas?, queren servir de instrumento para a procura dunha mellor lexislación que permita conservar o patrimonio marítimo tradicional. O acto inaugural contou coa presencia do presidente do Club do Mar de Ferrol, Bernardo Máiz, quen agradeceu ós membros da súa asociación o traballo que desempeñaron para poder traer ata Ferrol este encontro. Máiz mentou especialmente a Manuel Alonso, director da sección de vela do club, que levou o peso do traballo.
O historiador do Seixo adiantou que as xornadas “van ser moi atractivas tanto para as xentes de letras como para os de ciencias”, e explicou para o público asistente, entre os que se atopaban un gran porcentaje de franceses, algunhas singularidades do pobo ferrolá. “En Ferrol nacemos cun lapicerito na man para escomenzar a debuxar, dende nenos, liñas rectas. Tal é o espírito cartesiano desta cidade na que todos, sin excepción, atrevémonos a opinar dos temas do mar”. Maíz non esquenceu o compoñente obreiro que define a identidade da Cidade Departamental e animou ao debate para buscar unha lexislación máis favorable para a conservación dos barcos tradicionais. Noutro orde de cousas, convidou aos presentes a disfrutar das xornadas e pediu disculpas polo retraso tanto nas xornadas como na montaxe do encontro, que por mor da lentitude dalgunhas embarcacións en recalar ao porto ferrolá, non luce, polo de agora, en todo o seu apoxeo.
Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, sito en Vigo, agradeceu a presencia de especialistas franceses, tanto no público como nas ponencias, xa que segundo él, “O criterio francés é un dos máis avanzados no eido da recuperación”. Carrera concretou pequenos cambios que houbo sobre o programa. Desculpou a José Ramón Bono, da Fundación Hispania de Barcos de Época, por non poder asistir, así como a Herveline Delhumeau, representante do Ministerio de Cultura francés por non asistiren aínda que remitiu a súa comunicación.
O presidente dos Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Ferrol, tivo unha intervención moi breve, a xusta para agradecer a invitación para participaren nas xornadas, e para recoñecer “que os enxeñeiros navais lamentablemente estivemos sempre un tanto alonxados das embarcacións tradicionais”. Ademáis advertiu que “a reglamentación específica sobre estos barcos recentemente aprobada vainos deparar sopresas pouco agradables.”
Sobre as 10:15 chegaba á bodega do Hidria, onde se estan a celebrar as xornadas, o especialista galo Staffan Mörling. O profesor, un home de idade que fala un español perfecto, amosou unha grande afabilidade, cando nada máis chegar, foi saudando a gran parte da concurrencia para logo pedir desculpas polo seu retraso. “Teño que xustificarme aínda que non teña moito perdón, pero é que o chegaren opnte a Ferrol atopei tanto vellos amigos e fixen tanto novos amigos que a noite botouse enrriba”. Mörling estaba emocionado polo seu retorno ás rías altas. Este home foi un pioneiro na posta en valor das embarcacións tradicionais galegas, gracias a un estudio que fixo, vai máis de corenta anos, cando percorreu a costa galega e cantábrica. “Foi entón cando vín gran cantidade de barcos hoxe xa desaparecidos, embarcacións inspiradas no falucho catalán, que navegaban a vela latina e que mariscaban con arrastre desenvolvendo unha forza moi considerable”.
O estudioso sueco, asentado en Galicia, fixo unha descripción moi notable daqueles barcos e detívose especialmente “naquelas xentes”. Para Mörling “o modo de vida que tiñan os galegos de entón, fundamentábase nun soporte ecolóxico. O seu simple modo de producción tiña unha estructura cunha grande ideoloxía, cunha escala de valores insuperable. Sabíase o que era bó, o que era malo, o aceptable e o que non se podía aceptar. Ese conxunto de características era o que facía nacer unha identidade propia que tanto interés esperta nos antropólogos.” Staffan Mörling especificou que en Galicia existía tamén outro modelo, o capitalista ou catalán, pero que era un modelo imposto que non lle tivo tanto interese. O resto da súa conferencia versou sobre tipoloxías, e contou unha morea de simpáticas anécdotas acerca da rivalidade entre as vilas por teren as mellores embarcacións. A súa amenidade, simpatía e empatía co medio centenar de asistentes, fixo da súa conferencia inaugural todo un éxito.


Comentarios recentes
hai 3 días 7 horas
hai 5 días 7 horas
hai 1 semana 2 días
hai 1 semana 3 días
hai 1 semana 3 días
hai 1 semana 3 días
hai 1 semana 5 días
hai 1 semana 6 días
hai 1 semana 6 días
hai 2 semanas 4 días