Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

A Illa de Ons, unha cultura, unha identidade

|

O pasado día 2 de xullo foi inaugurada na antiga escola da Illa de Ons a exposición “A Illa de Ons, Unha Cultura, Unha Identidade” do antropólogo sueco, fillo adoptivo de Bueu, Staffan Mörling, a súa muller, Josefa Otero, e o seu irmán, Mikael Mörling.
A exposición, que se poderá visitar ata mediados de setembro, está composta por 60 fotografías realizadas por Staffan Mörling entre 1964 e 1966, e outras fotos de 1972 feitas por Mikael Mörling.
No acto de inauguración a Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, dixo que "o patrimonio marítimo de Galicia, tanto material como inmaterial, é hoxe un recurso de futuro, o punto de apoio co que dinamizar as comunidades pescadoras para manter a actividade pesqueira que lle corresponde a un país como Galicia".
Mais información no web da Xunta


Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

juan-cosa

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos