O Santa Maria Manuela arma velas


O Santa María Manuela rematou a súa estadía en Marín e volve a Aveiro este domingo 2 de maio. A chegada a barra do Porto de Aveiro esta prevista para as 15:30 horas.

O domingo será un grande día para a xente de Aveiro. Parabéns a eles, e parabéns á Pascoal, empresa que investiu 8 millóns de euros para recuperar este lugre, nunha iniciativa máis que meritoria, guiada polos seus valores: Tradição . Patriotismo . Qualidade . Inovação . Confiança
Desexámoslle boa singradura, e esperamos velo pronto en mares galegos.
Foto: Mário Marnoto
(Vía Caxinas...)

8 millóns! iso é crer nun

8 millóns! iso é crer nun proxecto e o demais son parvadas. A ver si collen recortes as empresas de aquí.

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.